O vindeiro venres 6 de xullo, ás 20:30, presentarase no Pazo de Liñares de Lalín o libro Sen medo ao demo, de Comba Campoi, editado por Dr. Alveiros, un selo editorial da Fundación Vicente Risco. O libro está baseado na tese de doutoramento da autora, O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas. O caso da barraca de Barriga Verde na Galiza de Postguerra (1939-1960), e recibiu un accesit do xuri do XXII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, que recomendou a súa publicación.

Este estudo –cuxo título completo é Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da Posguerra: o teatro de títeres de Barriga Verde– aborda o xeito no que os espectáculos de títeres (en concordancia coa traxectoria histórica que seguiron por toda Europa), tamén serviron en Galiza para dar expresión ás preocupacións, anceios e queixas das poboación máis humilde contra os abusos do poder. Na súa análise, Comba aborda a propia historia dos Silvent e das barracas con que estes artistas percorreron o país durante boa parte do século XX. Ademais, analiza o xeito no que os seus espectáculos daban acubillo a críticas contra a igrexa, o autoritarismo ou o estamento militar, e se adaptaban en moitas ocasións a contextos locais. Un traballo que, con certeza, ha contribuír a pór en valor este legado de resistencia que son os nosos títeres populares e amosará como, sen dúbida, Barriga Verde ten aínda moito que dicir na sociedade actual.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos