in

VI edición de Danza no Claustro en Ourense

OnAlbaFdezCotelo |

Os días 20, 21 e 22 de xuño, ás 20.30h, celébrase no Claustro de San Francisco de Ourense a 6ª edición de Danza no Claustro coa participación das compañías Victoria P. Miranda (Bilbao), Danza Cámara UNA (Costa Rica), Otradanza (Alicante), Alba Fdez. Cotelo (Galicia), Carla Segovia e Guillermo Aguilar (México) e Miguel Ángel Punzano · Tejido Conectivo (Madrid).

Danza no Claustro é un programa creado por Sólodos en colaboración con Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. Unha proposta escénica exclusiva, un proceso de creación e investigación que se realiza anualmente no Claustro de San Francisco. Durante unha semana, os artistas internacionales e locais desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecementos e experiencia nun espazo histórico e importante para a cidade.

 

O festival comeza o 20 de xuño, ás 20:30, con Bocaracá, da Compañía de Cámara Danza UNA / Costa Rica, con dirección de Erik Jiménez. Unha paisaxe bailada…. chea de emocións precipitadas, soidades contidas, angustias, dramas pequenos, grandes, continxencia do ser humán, soidade…o home ante a natureza. Bocaracá, unha metáfora en movemento.

 

O día 21 de xuño, o programa comeza con On de Alba Fernández Cotelo (Cía. Exire), unha coreografía de Yul Gatjens Arias gañadora de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2017 e Premio do Público.

A seguir, Paloma, da Compañía de Cámara Danza UNA (Costa Rica), coreografía galardoada co Premio Nacional de Danza Mireya Barboza en Costa Rica, Mellor Coreografía 2015.

Continúa con One Hit Wonder de Carla Segovia e Guillermo Aguilar (México), unha investigación coreográfica proposta a partir de referentes culturais da época dos noventa coa finalidade de crear un “retro espazo” activado por dous artistas escénicos.


Publicidade

O día remata con Vacío de Otradanza (Elche), con dirección e coreografía de Asun Noales. Un dúo creado para espazos abertos, onde o son da cidade se funde co movemento e o son dunha música calada. Vacío crea unha paisaxe máxica no entorno urbano.

 

O 22 de xuño Tejido conectivo, de Madrid, presenta Geometría orgánica, con coreografía e interpretación de Miguel Ángel Punzano. O corpo orgánico e xeométrico, unha construción que se transforma todo o tempo. Múltiples miradas e múltiples interpretacións. Nada está en equilibrio. Nada está rematado. Solo futuro en movemento.

Seguirá Quiso hablar pero no pudo da Compañía de Cámara Danza UNA (Costa Rica) con coreografía de Erick Jiménez. A ausencia de voz, a soidade, a angustia diluída en movemento, dramas pequenos, ostensibles ou recónditos… continencia do ser humano, corpos que configuran a súa sorte a través da danza.

Seguirá Touché de Victoria P. Miranda (Bilbao) que se inspira no termo que recoñece un golpe de esgrima ou o éxito ou adecuación dun argumento, unha acusación, ou un punto enxeñoso.

Un novo pase de Vacío de Otradanza (Elche), rematará a xornada e o festival.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

obradoiro1 |

Ibuprofeno Teatro dirixirá un Obradoiro de Creación Escénica na Mostra de Cangas

sgaecompostela |

Convocatoria de textos en galego para o ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE