Afundación acaba de anunciar as obras que formarán parte da nova tempada de teatro entre setembro e decembro en Vigo. Os abonos poranse á venda o vindeiro xoves.
Abrirá a tempada Todas las noches de un día, de Alberto Conejero e interpretada por Carmelo Gómez e Ana Torrent, o día 28 de setembro ás 20:30.
A seguinte obra será Burundanga, de Jordi Galcerán, produción que chega a Vigo tras oito tempadas de éxito en Madrid. Eloy Arenas, César Camino, Bart Santana, Ariana Bruguera, Rebeka Brik e Fran Nortes sairán a escena o 7 de outubro ás 20:00.
O 8 de novembro, a partir das 20.30 h, poderase ver Juntos, obra de Fabio Marra e interpretada por Kiti Mánver, Melani Olivares, Gorka Otxoa e Inés Sánchez que retrata diferentes relacións familiares con moito humor.
Estado de graza, de Eduardo Alonso, será a seguinte obra incluída no cartel desta tempada. Luma Gómez, Imma Antonio, Manuela Varela e Nini True presentarán esta reflexión sobre o choque xeracional o 22 de novembro ás 20:30.
Finalmente, pechará a tempada La culpa, de David Mamet, interpretada por Pepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermoso e Ana Fernández. Será o 16 de decembro a partir das 19:30.
Os abonos estarán dispoñibles do 14 de xuño ao 4 de setembro e as adquisicións poderanse realizar no teléfono 902 504 500 ou na web Ataquilla. Os abonos supoñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete individual.