in

Avelina Pérez gaña o XIII Premio Abrente

Candinsky |

Un xurado composto por Iria Azevedo (actriz), Melania Cruz (actriz), Roi Vidal (dramaturgo e premiado na edición anterior), Roberto Pascual (Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, en calidade de secretario) e María Touza (Concelleira de Cultura, en calidade de Presidenta), resolveu conceder por maioría o 13º Premio Abrente de Textos Teatrais, ao texto titulado: O día no que bicar a terra, de Avelina Pérez.

Segundo a acta, “o xurado defende o valor dunha peza profundamente crítica, na que bailan as palabras e as emocións. Unha peza de sensacións, una evocación constante de imaxes, dende unha postura sarcástica e envolvente, inclasificable. Trátase dunha disección, unha posoloxía do proceso creativo, unha obra retadora que nos sitúa na emoción fronte ao filtro do racional. O día no que bicar a terra é mutante, líquida, en constante tranformación, un texto vivo que nos libera do logocentrismo, da necesidade de entender e asociar a significados cada impulso poético da creación artística”. Igualmente, di a acta, a obra gañadora do Abrente 2018 é “un reto, na liña das catedrais do ‘teatro irrepresentable’ que logo e, polo tanto, demostran a súa forte pulsión escénica, modernizadora e innovadora”.


Publicidade

Avelina Pérez é autora de obras como A que non podes dicir Coca Cola?, Non teño espello no baño (Premio da Audiencia no Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural), Eu controlo (Premio A pegada do Eco), Os cans non comprenden a Kandinski (texto editado no número 91 da erregueté), Os arroaces son animais sucios e desesperados (premio no I Torneo Dramatúrxico de Galicia) ou Honey Rose

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DPRlibro |

O CDG e Edicións Positivas coeditan o texto de ‘Divinas Palabras Revolution’

ellasobreella |

Marianella sobre Marianella, por Esther Carrodeguas