No Quinteiro do Temperán do Grove, o grupo Musas Anónimas presentará, dende hoxe e ata o 2 de setembro e de xoves a domingo, cinco pezas de microteatro: Un lugar para quedar, de Ainhoa Menéndez, dirixida por Tito Asorey; Esquelas, tamén de Ainhoa Menéndez e dirixida por Edu Ovejero; Comunión, escrita e dirixida por Goize Blanco; B&B de Ainhoa Menéndez, dirixida por Roi Vidal; e Comité Central, escrita e dirixida por Goize Blanco.
As actrices e o actor que representarán as cinco funcións son Jordi Fernández, Aida Cobas, Iria Parada e Catuxa Leira.
Musas Anónimas defínese como un grupo que “aspira a ser unha compañía profesional”. Naceu en Madrid malia estar composta por compoñentes galegas, e actualmente traballan en ambos lugares.
As funcións comezarán ás 21:30.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



