in

Comeza a VIII Semana de Teatro de Sarria

Raclette018 |

Hoxe comeza a oitava edición da Semana de Teatro Vila de Sarria. Ata o domingo poderán verse cinco obras para nenos e adultos no parque do Chanto e na Praza da Vila.

A obra encargada de abrir esta oitava edición será Milagre no convento, a cargo da aula de Teatro municipal, dirixida por Lorena Do Val. A historia transcorre no particular convento de Santa María Xoana, coñecido polo seu famoso elixir rexuvenecedor. No momento no que as vendas deste produto descenderon drasticamente, a chegada dunha nova monxa cunha innovadora receita, revolucionarao todo.

O sábado, ás 20:00 horas, haberá teatro infantil con Paco Nogueiras e o seu Radio Bule Bule, que invita aos nenos a vivir a radio en directo cun divertido programa cheo de humor, baile e cancións.

O mesmo sábado ás 22:00, será a quenda de Ibuprofeno Teatro que representará Raclette, de Santiago Cortegoso, dirixida polo propio autor. Raclette vén avalada polo Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014, premio ao Mellor Espectáculo de Sala da 19ª edición da “Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo” e a Mención Especial do Xurado no XIX Certamen de teatro Garnacha de Haro, entre outros recoñecementos.


Publicidade

O domingo á tarde será a quenda de María Faltri, picadiscos infantil. Esta peculiar Dj fará un repaso polos grandes éxitos da música infantil galega, e combinaraos con coreografías e animacións.

Á noite, pechará a Semana o grupo Microefectos Dramatúrxicos, que presentará Pilulas teatrais, unha antoloxía de escenas escollidas entre 146 pezas de pequeno formato: unha ollada diferente ao mundo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GalaCursosCCG |

O Centro Coreográfico Galego organiza unha gala co alumnado dos cursos de verán

MonicaGarcía |

Tres talleres e unha residencia no programa de formación do festival herDanza 2018