in

Manuel Lourenzo, Facho de Ouro 2018

ManuelLourenzo04 |

O dramaturgo e investigador Manuel Lourenzo (Valadouro, 1953) é a persoa na que recae o Facho de Ouro 2018, premio que entrega a Agrupación Cultural coruñesa O Facho e que quer así recoñecer “toda umha vida dedicada à cultura do País e ao pobo galego”. O acto cívico será acompañado dunha cea homenaxe que se celebrará o sábado, dia 15 de decembro, ás 21:00, no Hotel Riazor da Corunha.

Manuel Lourenzo, un dos autores máis recoñecidos do país, crea na Coruña, en 1965, canda Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, que marca o inicio do Teatro Independente Galego. En 1967 funda o Grupo Teatro Circo. En 1978 constitúe , de novo con Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con el os Cadernos da Escola Dramática Galega.

En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado, a monografia O Teatro Galego, libro pioneiro e ainda hoxe de referencia dentro do ámbito do estudo da dramática. Por outra parte, em 1980 forma a Compañia Teatral Luís Seoane. Tamén en 1981, con Pillado, funda a editorial Castrodouro. En 1990 crea o Clube de Teatro Elsinor e, en 1995, saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.


Publicidade

Lourenzo recibiu en 1997 o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes e, en 2017, foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.

O Facho de Ouro foi creado pola Agrupación Cultural O Facho para homenaxear a galegos e galegas comprometidos coa cultura e a lingua galegas. Algúns dos galardoados no pasado foron Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego, Neira Vilas, Xesús Alonso Montero, Bernardino Graña ou Francisco Carballo, entre outros.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Chachakun |

O XXIII Festival Galicreques ofrecerá máis de 50 funcións a partir de mañá

PremiosLourenza |

Dezasete grupos participarán no Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá