in ,

Dezasete grupos participarán no Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá

PremiosLourenza |

Dezasete compañías ou grupos de teatro afeccionado competirán en Lourenzá por acadar o premio Conde Santo na segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará no vindeiro mes de novembro. Participarán na fase de selección sete compañías da Mariña, dúas do Occidente asturiano, outras dúas da cidade de Lugo e unha de cada unha destas localidades: Chantada, Sarria, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Vigo.

Un xurado presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, será o encargado de escoller as oito finalistas, que representarán as súas obras os sábados e domingos do mes de novembro. Nun día, aínda por determinar, do mes de decembro celebrarase unha gala onde se entregarán os premios á mellor representación, aos mellores actores e actrices principais e de reparto, á mellor posta en escena e un premio especial outorgado por votación popular. Ademais todos grupos seleccionados recibirán do Concello de Lourenzá unha axuda de 300 euros pola súa participación.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ManuelLourenzo04 |

Manuel Lourenzo, Facho de Ouro 2018

NomeBonita |

‘Nome: Bonita’, de Vanesa Sotelo, escollida mellor obra teatral da última década