in ,

II Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá

theater 105573 1280 |

A Concellería de Cultura convoca a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que inclúe novidades nos premios: un aumento da dotación do premio á mellor representación, que pasa de 600 a 750 euros e a creación dun novo premio, que se decidirá por votación do público asistente ás representacións.

O Certame rexerase polas seguintes bases:

1.- A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá (Lugo) convoca o II CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO “CONCELLO DE LOURENZÁ”.

2.- Poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais.

3.- Os grupos interesados en participar deberán inscribirse ben nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou ben por correo, enviando a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición que aparece na páxina web do Concello.
  • Fotocopia do CIF do grupo ou compañía.
  • Ficha artística e técnica.
  • DVD ou pendrive coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso.

Esta documentación enviarase á seguinte dirección:

Concello de Lourenzá (II Certame de teatro afeccionado)
Praza do Conde Santo
27760 Lourenzá (Lugo).

4.- O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases na web do Concello e rematará o día 28 de setembro de 2018.

5.- As representacións terán lugar no salón de actos do Concello os sábados e domingos do mes de novembro, establecéndose un máximo de 8 actuacións. A hora da representación será establecida pola organización.

6.- No mes de decembro terá lugar a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral profesional. Para cada premio o xurado seleccionará tres nominados. Será na gala cando se coñeza o gañador de cada categoría. A nominación será comunicada pola organización aos interesados. Á gala final deberán asistir todos os nominados ou os representantes nos que deleguen.

7.- O Concello nomeará un xurado independente que presidirá o edil de Cultura ou a persoa na que delegue. O fallo do xurado será inapelable.


Publicidade

8.- Cada grupo ou compañía de teatro seleccionado recibirá a cantidade de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etc. (Para recibir a citada cantidade, a compañía ou grupo deberá presentar factura).

9.- Establécense os seguintes premios:

  • Premio “Conde Santo” á mellor representación: 750 € e trofeo.
  • Premio “Lourenzo” ao mello actor: trofeo.
  • Premio “Ana” á mellor actriz: trofeo.
  • Premio mellor actor de reparto: trofeo.
  • Premio mellor actriz de reparto: trofeo.
  • Premio á mellor posta en escena: trofeo.
  • Premio especial do público: trofeo.

O xurado, de acordo coa organización, poderá establecer algún premio máis se o considerara oportuno.

10.- Os medios técnicos necesarios para a representación correrá a cargo dos participantes. As medidas aproximadas do escenario son: ancho: 5 m. fondo: 4.80 m. alto: 3 m. (na parte máis baixa).

11.- A xestión e o pago á SGAE polos dereitos de autor (se os houbera) correrán a cargo do grupo ou compañía participante no certame.

12.- Os grupos seleccionados deberán proporcionar á organización carteis do seu espectáculo (formato A3) cunha antelación mínima de quince días á data de comezo do certame.

13.- O Concello poderá cobrar unha entrada simbólica en cada representación, que en todo caso aprobará a Xunta de Goberno Local.

14.- Calquera circunstancia non prevista nas presentes bases será resolta de maneira inapelable pola Organización.

15.- Teléfono de Contacto: 982121006 (Mª José)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Commedia09 |

Commedia, un xoguete para Goldoni

lazaro |

II Premio Nel Amaro de Teatro Profesional en asturiano ou galego-asturiano