in

300 escolares participaron no XVIII Concurso de Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís”

ConcursoTeatroLidoEiris |

Non se pode dar por terminado o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo) ata que non se celebra a final do Concurso de Teatro lido Xosé Manuel Eirís. Este ano celebrarase o domingo 11 de novembro de 2018, no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, ás 18:00. Este ano sumáronse máis escolares a esta convocatoria. Foron un total de 300 nenos e nenas de varios colexios da comarca de Bergantiños, organizados en 42 grupos.

Xa se coñecen os grupos finalistas. O fallo acadouse logo de escoitar as gravacións das lecturas realizadas nas instalacións de Radio Voz e despois das oportunas deliberacións. Así, dentro da chamada primeira categoría (grupos de nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria), serán finalistas catro obras: Pobres Animaliños, do grupo Agasallo do CPR Artai; Maruxa a Mariñeira, do grupo Mariñeiras do CPI plurilingüe Cabo da Area de Laxe; Quero ser Outro, do grupo Cardume do CEIP Fogar; e O Galo Quirico, do grupo Os Teatreiros do San Luís do CEIP Xesús San Luís Romero.

Na segunda categoría (grupos de nenas e nenos de ESO, Bacharelato e CF) os finalistas son: As Sete Mulleres de Anllóns, do grupo As Sete Mulleres de Anllóns do CPI As Revoltas de Cabana; O Ládrón, do grupo Os teatreiros do Monte Neme do IES Monte Neme; e Puchiño Vermello, do grupo Lendo Lendas do IES Alfredo Brañas.

Os finalistas foron consensuados polo xurado integrado por Alba Bermúdez, actriz profesional, co-fundadora de Galeatro e colaboradora do FIOT, Santiago Pazos Iglesias, gran afeccionado ao teatro, articulista teatral e colaborar con medios de comunicación, Maruxa Suárez Cotelo, educadora infantil, voluntaria do FIOT e membro da Aula de Teatro Municipal de Carballo e Francisco José Rodríguez Rodríguez, locutor en representación de Radio Voz, entidade colaboradora con este concurso.


Publicidade

Na final do domingo os grupos selecionados voltarán interpretar fragmentos das súas obras. Tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega dos galardons . Os clasificados recibirán premios patrocinados pola Libraría Brañas, valorados en 850 € e canxeables por libros e material didáctico. O acto estará presentado por Caxoto que ademais de ser o mestre de cerimonias amenizará a final cunha sesión de contacontos destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada.

O XVIII Concurso de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” conta co patrocinio de RadioVoz Bergantiños e Libraría Brañas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AlakranBarrigaVerde |

Mesa redonda sobre o papel da muller nos títeres tradicionais en Titiriberia

ARegadeiraDeAdela2 |

A Regadeira de Adela comeza a tempada de outono de microteatro