Os pases terán lugar este xoves 6 e venres 7 de decembro nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas. | Foto: Pepe Saavedra |
Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.
O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Durante este 2018 o colectivo celebra o seu quinto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano trasladouse ao Club Clavicémbalo. Ao longo de todo este tempo puxéronse en escena máis de 150 micropezas de produción propia.
As pezas que se representarán esta semana son:
- A vida das cousas, de Anxo Manoel.
Dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Conchi Madrina, Anxo Manoel e Isa Herrero. - Vinganza, de Raquel López.
Dirixe: Raquel López. Interpretan: María Grandío, Brian Rodríguez, Conchi Madrina e Raquel López. - La farsa en el despojo ajeno, de Brian Rodríguez.
Dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Anxo Manoel. - Báculo, de Isa Herrero
Dirixe: Isa Herrero. Interpretan: Anxo Manoel, Isa Herrero, Brian Rodríguez e Simón Onteniente.