in

O TNSJ do Porto presenta 29 espectáculos de xaneiro a xuño

JosefNadjMnemosyne |
O próximo ano reserva moitas novidades, con 29 espectáculos, cun total de 12 estreas, nos escenarios dos tres espazos xestionados polo TNSJ.

 

Vinte e nove espectáculos, incluíndo 12 estreas e 16 coproducións. Estes son os números que sintetizan a programación entre xaneiro e xullo de 2019 dos espazos xeridos polo Teatro Nacional São João (TNSJ) – que inclúe o Teatro Carlos Alberto (TeCA) e o Mosteiro de São Bento da Vitória (MSBV). Nestes sete meses, a institución recebe creacións de compañías portuguesas, así como producións internacionais, destacando a estrea nacional de Mnémosyne [na foto]. Dividido nunha exposición (5 a 25 de janeiro) e unha performance (17 a 20 de janeiro), o proxecto de Josef Nadj foi presentado por primeira vez na Biennale de la Danse de Lyon 2018 e chega no inicio do próximo ano ao Mosteiro de São Bento da Vitória.


Publicidade

En xaneiro temén ten lugar a reposición de Otelo – que, no inicio da temporada 2018/2019 foi un éxito de billeteira –, entre os días 5 e 20 de xaneiro, no TNSJ. Á obra de Nuno Carinha, unha produción propia da institución, únense as pezas de diversos creadores como Jorge Louraço, Catarina Lacerda, Ricardo Neves-Neves, Ricardo Alves, Igor Gandra, André Braga e Cláudia Figueiredo, Federico León ou Tiago Rodrigues para mencionar algúns. Os espazos do TNSJ van ser escenario de tres festivais –BoCA, FITEI e Festival Dias da Dança– e actividades paralelas, como é o caso das Leituras no Mosteiro e dun concerto cos Les Saint Armand.

BREU: A partir dos bastidores do circo créanse metáforas
En febreiro, o TeCA recebe a estrea de BREU, unha creación do colectivo Musgo que olla para o universo do menos amado dos espectáculos –o circo– para falar sobre a precariedade dos artistas, o desdobramento das súas funcións, a estigmatización con que son vistos e a profesionalización que lles é negada. A peza de Joana Moraes parte de conversas con estas troupes multidisciplinares – documentadas nunha exposición fotográfica de Paulo Pimenta–, establecendo vínculos co cinema e a fotografía, nunha abordaxe tan humanista como humorística. BREU –unha coprodución co TNSJ– estará en escena do 14 ao 23 de febreiro.

Dia Mundial do Teatro: Obra de Martin Crimp producida polo TNSJ
Nuno Carinhas e Fernando Mora Ramos retoman a súa parcería –despois da dirección conxunta de O Fim das Possibilidades (2015), de Sarrazac– para recoller un enorme desafío. O Resto Já Devem Conhecer do Cinema parte da obra de Martin Crimp –un dos grandes dramaturgos contemporáneos– que regresa ás páxinas de As Fenícias, de Eurípides, proxectándoas contra o pano de fondo dunha pregunta insidiosa: “Si, como poden os mortos vivir agora?”. O espectáculo, que se estrea no Día Mundial do Teatro (27 de marzo), olla con sarcasmo e humor para a Europa e para a barbarie cotiá. A peza é unha produción propia do TNSJ e pode ser vista até o 14 de abril.

Pathos é un espectáculo que anceia polo seu final
En abril, chega ao TeCA a mais recente creación de Cátia Pinheiro e José Nunes, nunha coprodución Estrutura e TNSJ. Pathos é unha traxedia, un espectáculo-ruína que anceia desesperadamente polo seu anunciado fin en tanto que olla para o mundo en construción que actualmente medra en fundamentalismos e intolerancia. Mais, din os directores, Pathos é, igualmente, “un acto de fe”. O espectáculo estréase no día 10 e estará en escena até o día 13.

BoCA trae ao Porto a estrea mundial de Cattivo
A convite da BoCA – Biennial of Contemporary Arts, un conxunto de performers portugueses e estranxeiros reúnese para unha estrea mundial no Mosteiro de São Bento da Vitória. Entre 10 e 18 de abril, Cattivo xunta a Marlene Monteiro Freitas, Yannick Fouassier, Tiago Cerqueira, Miguel Figueira e André Calado nunha instalación para atrís de partituras e outros materiais. No espectáculo –unha coprodución do São Luiz Teatro Municipal, Wiener Festwochen e TNSJ – explóranse as propiedades expresivas dos atrís que teñen a capacidade de encarnar estados emocionais e tomar decisións.

Damas da Noite desafía as regras no mundo do transformismo
Para explicar Damas da Noite, o director Elmano Sancho conta o primeiro episodio da súa vida: os seus pais esperaban unha nena de nome Cleópatra; ao final, naceu un neno. No espectáculo, para dar vida a Cleópatra, o autor parte ao encontro do universo do transformismo para construír unha relación entre parceiros de xogos improbábles e explorar a presenza ou ausencia de fronteiras entre realidade e ficción, home e muller, traxedia e comedia. Damas da Noite –flores que abren de noite e exhalan un cheiro embriagador– estreiase no TeCA e estará en escena entre o 9 e o 12 de maio.

Manuel António Pina en destaque na programación do TNSJ
A escrita de Manuel António Pina fai a adultos e crianzas viaxar “polas esquinas, prazas e recantos da linguaxe”. Por iso mesmo, o Coro Lira convidou dez compositores contemporáneos a musicar dez poemas do escritor, facéndoo para un coro de voces infantís e xuvenís. Despois diso, o Teatro do Frio entrou na ecuación para desenvolver un espectáculo entre o concerto, a presentación coral e o teatro físico. O resultado pode ser visto en Coisas Que Não Há Que Há, que estará no escenario do TeCA entre o 31 de maio e o 1 de xuño.

Em Quimeras, os intérpretes transfórmanse en obras de arte
Quimeras parte de ‘Cristo Velato’, unha escultura en mármore de Giuseppe Sanmartino (1753), exposta no Museo Cappella di San Severo, en Nápoles. No espectáculo, que se estrea o 7 de xuño no Mosteiro de São Bento da Vitória, os intérpretes –inmóbiles ou non, en leitos ou nichos e eventualmente espidos– poden ser pantallas de proxección de imaxes de arte (escultura e pintura) e/ou estar rodeados de obxectos icónicos, en situacións que remiten ao espectador para o período do Renacemento ou do Barroco. Quimeras é unha creación de Luís Castro e Vel Z (Karnart) en coprodución co TNSJ e poderá ser vista ata o 9 de xuño.

O retrato dunha das máis fascinantes figuras da literatura mundial
Despois de Hotel Lousiana Quarto 58 (2016), João Samões regresa ao conxunto de retratos que lle ten dedicado á memoria do espírito libre e libertario das máis fascinantes figuras da historia da literatura mundial. Desta vez, o foco é a vida e obra do francés Louis-Ferdinand Céline que, para alén de escritor, foi médico. O Poeta Acorrentado à Mesa é unha coprodución Debataberto – Associação Cultural e Artística co TNSJ e é unha estrea absoluta. Poderá ser visto entre o 26 e o 30 de xuño no TeCA.

A luz e o son fúndense coa música e a coreografía
O mes de xullo abre con Lux-Lucis, o mais recente espectáculo dos Drumming – Grupo de Percussão, con dirección artística de Miquel Bernat. Entre os días 4 e 6, catro intérpretes van ollar para o fenómeno físico da luz e da súa relevancia na sociedade actual. Facendo a fusión coa música e a coreografía, o espectáculo pretende xerar unha sinerxía contaxiosa que iluminará o entendemento do fenómeno musical acústico e do mundo. Lux-Lucis estréase no TNSJ, en coprodución coa instituición.

Territorios femininos e crueis fan o “país” de Bonecas
Bonecas, de Ana Luena, insírese no programa da Malvada Associação Artística, onde se traballam as cuestións da identidade e procesos de desvinculación ligados á idea de territorio, explorando técnicas de retrato e de role play. O espectáculo constrúese a partir de varios inputs: un conto inédito de Afonso Cruz, que fai parte da novela que presentará en 2019; a obra cruel e bela de Paula Rego; a experiencia partillada cun grupo de raparigas dun Centro de Acolhimento Temporário e un grupo de mulleres da Casa Abrigo. A nova creación estréase o día 11 de xullo no TeCA, ficando en escena até o 21 do mesmo mes.

O Ensemble “pecha” a temporada 2018/2019 do TNSJ
Entre 18 e 28 de xullo, o Teatro Nacional São João recebe a estrea de Wild Spring, a partir de Arnold Wesker, nunha tradución de Ana Luísa Amaral. Despois de Cartas de Amor em Papel Azul e Quando Deus Quis um Filho, o Ensemble regresa á obra do dramaturgo inglés, dirixido por Jorge Pinto. O espectáculo conta a historia de Gertrude, unha actriz cunha carreira plena de éxitos, mais pouco segura do seu propio talento, explorándose a noción de acting como unha metáfora das personaxes ou falsas imaxes que, por veces, temos de nós mesmos. Wild Spring é unha coprodución entre Ensemble – Sociedade de Actores, Casa das Artes de Vila Nova de Famalicão e TNSJ.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

circus 3196457 1280 |

Gala Solidaria do Festiclown en Compostela

DansPernas |

A arte da conversación, por Raúl Dans