in

Gala Solidaria do Festiclown en Compostela

circus 3196457 1280 |
O Teatro Principal volverá ser o escenario, o próximo día 27, da Gala Solidaria do Festiclown, organizada por Pallas@s en Rebeldía en colaboración co Concello de Santiago. Será un espectáculo cheo de humor, maxia, música e circo, co obxectivo de recadar fondos para facer posible unha nova edición do Festiclown Palestina.

 

A Gala Solidaria do Festiclown será no Teatro Principal o próximo 27 de decembro, a partir das 18:30 horas. Polo escenario pasarán Pablo Díaz, Assircópatas, Sue Moreno, Yolanda Paz e Sempre Arriba. A gala, que estará conducida pola actriz Isabel Risco, pecharase coa actuación do Coro da Rá.

A tarde arrancará con música, a cargo de Pablo Díaz, todo un referente na música infantil en galego. Despois, chegará a actuación de AsSircópatas, unha compañía que naceu en 2003 e que utiliza o circo, en clave teatral, como ferramenta para compartir unha particular visión do mundo baseada no humor. No Festiclown Solidario participará tamén Sue Moreno, fundadora dunha Escola de Acrobacias Aéreas na Coruña; Yolanda Paz, unha artista cunha amplísima formación no ámbito da danza e do teatro; e Sempre Arriba, o lema co que se identifica a clown e artista de circo Marta Iglesias.

Publicidade

A Gala rematará novamente con música, a cargo do Coro da Rá. A formación, con cerca de 60 compoñentes, leva case un cuarto de século subíndose aos escenarios e reinterpretando temas de música espiritual, rock, jazz ou blues. Tal e como explicou Nacho Fungueiriño, “o espectáculo está pensado para interesar a públicos de diferentes perfís e diferentes idades, e iso é posible grazas á colaboración desinteresada de diferentes artistas”

A entrada é de balde, e pódese recoller no Teatro Principal na mesma tarde do 27 de setembro. As persoas que queiran colaborar para facer posible o Festiclown Palestina 2019 poderán participar a través da Fila 0: La Caixa ES13 2100 4333 1502 0005 4202.

 

Pallas@s en Rebeldía

A Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallas@s en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e das artes circenses, no que conflúen artistas de diferentes países, sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras.

Pallas@s en Rebeldía está constituída como unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social; combaten culturalmente á beira das colectividades que fan fronte a este sistema global de terror dende a maxia do circo; e apostan por unha Humanidade máis bela e máis xusta dende o universo do clown. Fundouse no ano 2004 baixo o amparo do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia) e mantense activo grazas ao traballo de Culturactiva SCG, entidade profesional galega decana na xestión cultural socialmente comprometida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

santa3 |

A “Procesión da Santa Bolaña” lembra a Vidal Bolaño en Compostela

JosefNadjMnemosyne |

O TNSJ do Porto presenta 29 espectáculos de xaneiro a xuño