in ,

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

TeatroAmadorGondomar |

A partir de hoxe, sábado 12 de xaneiro, o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.

A programación consta dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis-Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.

A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

 

Programación

Sábado 12 de xaneiro. 19.30h

Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro. 18.00h

Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro. 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.


Publicidade

Domingo 20 de xaneiro. 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis-Guomins da Aula de Teatro de Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro. 19.30h

A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro. 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro. 19.30h

O restaurante Farruco, representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.

Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Latristezadelosogros |

O FIOT recolle o Premio da Cultura Galega

Outono1 |

Pistacatro e Sincronacidas estarán en FETEN 2019