in

Convocado o II Premio Roberto Vidal Bolaño

premiorobertobolaño2019 |

O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocan o II Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán, este premio ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo e crear un fondo de textos susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato.

BASES:


Publicidade

  1. Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega.
  2. As OBRAS serán de temática e extensión libre, se ben hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos.
  3. Cada autor poderá presentar máis dunha obra.
  4. O PREMIO constará de 2.000 euros, suxeitos ás retencións fiscais correspondentes e que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría, un diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da EDITORIAL GALAXIA. A tal efecto a editorial asinará co gañador ou gañadora o correspondente contrato da edición.
  5. O premio poderá quedar deserto se a calidade das obras presentadas non é a axeitada segundo o criterio do xurado.
  6. O PRAZO de presentación de orixinais remata o 1 de abril de 2019.
  7. O ENVÍO das obras farase a través de correo electrónico [email protected], especificando no asunto do envío “Premio Roberto Vidal Bolaño”. Enviaranse dous arquivos: un coa obra (con título e lema) e outro coa plica (no que constará o nome e apelidos do autor, lema, título e breve sinopse da obra, teléfono e email).
  8. O XURADO estará conformado polo EDL do IES Ribeira do Louro, profesionais do teatro e un representante da Editorial Galaxia; e prestará especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas.
  9. A obra gañadora darase a coñecer no mes de xuño de 2019. Farase entrega do premio nun lugar que se convirá, a tal efecto, na última semana dese mes.
  10. Se durante o tempo de presentación e deliberación a obra presentada recibise algún premio ou fose editada, o autor deberá comunicalo á organización do certame, xa que este feito será motivo de exclusión do presente concurso.
  11. O feito de participar neste certame supón a aceptación total destas bases. O non previsto nelas será resolto pola organización.

Podes decargar as bases aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AventoUmmm |

Avento estrea dous espectáculos esta fin de semana

Auditorium87 |

Poio Escena 2019 – Encontros de Teatro Afeccionado