in ,

Poio Escena 2019 – Encontros de Teatro Afeccionado

Auditorium87 |

Poio en Escena cumpre 10 anos de teatro en galego. A organización revisa as bases este ano para que o teatro afeccionado teña a súa especial relevancia e para apoiar os grupos de teatro amador. Ademáis de consolidar e aumentar o público interesado na cultura e nas artes escénicas, en particular este ano, haberá un Premio do Público e outro Premio do Xurado Profesional “Xerardo Moscoso”, nunha gala que terá lugar en decembro.

Aqueles grupos que se queiran inscribir poderán facelo ata o 1 de marzo. Estas son as novas bases:

 

Obxecto

1. POIO ESCENA 2019, Encontros de Teatro Afeccionado, ven renovar ao Ciclo de Teatro Afeccionado Poio Escena no ano no que se cumpre a súa decima edición, coa vocación de mellorar, promover e organizar actividades relacionadas co teatro, de contribuír a ampliar a oferta cultural para a veciñanza de Poio e a súa comarca e de potenciar a divulgación das compañías teatrais afeccionadas galegas.

Outra das finalidades máis destacables é consolidar e aumentar o público interesado nas creacións artísticas, na cultura en xeral e nas artes escénicas en particular.

Calendario e Representacións

2. POIO ESCENA 2019, Encontros de Teatro Afeccionado terá lugar o último sábado ou domingo dos meses de abril a setembro do 2019.

3. As propostas inclúen dous formatos, un de Inverno en Espazo pechado e outro de Verán en Espazo Aberto (ao aire libre)

4. As representacións en Espazo pechado terán lugar no Centro Cultural Xaime Illa Couto, Comunidade de Montes “Regra dos Agros”de Combarro e Casa do Pobo “Río de Bois” en Samieira. As pezas escénicas en Espazo Aberto desenvolveranse en ubicacións singulares: Samieira- Ruta dos Muíños, Raxó- Peirao e Combarro-Praza da Chousa.

5. O horario das representacións será ás 21:00 horas.

O Comité Organizador (formado polo Concello de Poio, SCD Raxó, SCD Samieira e ACDeM Armadiña) resérvase o dereito de modificación de datas e sede de actuación no caso de circunstancias imprevistas.

6. Os labores de carga e descarga, así como a montaxe e desmontaxe de decorados e escenografía, serán realizadas por persoal da compañía ou grupo.

Gala de Clausura do “Poio Escena, Encontros De Teatro Afeccionado”

7.- No mes de decembro terá lugar a gala de clausura do Encontros na que se representará unha peza de arte escénica profesional. Asemade, procederase a entrega dos seguintes premios:

Premio “Xerardo Moscoso” á mellor representación: 600€ e trofeo conmemorativo. Este recoñecemento será outorgado por un xurado independente e profesional relacionado coas artes escénicas, que presidirá o edil de Cultura e con representación de entidades culturais locais e nomeado polo Comité Organizador. O fallo do xurado será inapelable
Premio a mellor posta en escena, Premio do Público: 400€ e trofeo conmemorativo, elixido polo público asistente.
MEDIOS TÉCNICOS

8. Espazo A: dotacións técnicas:

-7,5 m. largo, 3,50 m. ancho
-Altura escenario a teito, 4 m no punto central
-Amplificación
-Bambalina
-Patio de butacas cun aforo de 200 butacas
-Aparcamento reservado para carga e descarga.

9. Espazo B: dotacións técnicas:

-8,95 m. largo, 3,40 m. anch
-Altura escenario a teito, 2,33 m no punto centra
-Equipo de Son
-Bambalinas
-Patio de butacas cun aforo de 120 butacas
-Aparcamento reservado para carga e descarga.

10. Espazo C: dotacións técnicas:

-71,12 M2 de Escenario
Equipo de son formado por:

2 Cds profesionais
2 Etapas de potencia
2 Micros inalámbricos
2 Micros con cabre
1 Mesa de mestura
20 Altofalantes empotrados de 20 Watios cada uno.
8 Bafles de superficie
4 Bases micro mesa
1 Caixa mangueira para micros
Iluminación que inclúe 6 focos Mod. Par 56
Bambalina
Telón
Patio de butacas cun aforo de 200 butacas
Aparcamento reservado para carga e descarga.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.

11. O Encontro só está aberto a grupos de teatro afeccionado.

12. Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.

13. As obras terán que ser representadas en galego ou en calquera das súas variantes dialectais e deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.

14. Non se poderán presentar obras xa representadas en edicións anteriores do Ciclo de Teatro Afeccionado Poio Escena, pero si poderán participar compañías que teñan formado parte deste Ciclo en anos anteriores.

15. Será por conta do grupo os gastos de transporte e seguros de equipos, de actuación e de material, e gastos de persoal, así como a achega do material preciso para poder levar a cabo a actuación.

Requisitos de inscrición


Publicidade

16. Todo grupo que desexe participar no Encontros deberá enviar á Concellería de Cultura do Concello de Poio:

  • A “Ficha de inscrición” cuberta cos datos básicos do grupo solicitante e do espectáculo que presenta, realizada por representante autorizado da compañía. (Poderá baixarse da web concellopoio.gal)
  • Un dvd do espectáculo íntegro que representará (ou enlace web para a súa visualización, con calidade de imaxe e son suficientes, non se admiten trailers/avances da obra), que utilizará o Comisión de Selección para as tarefas encomendadas.
  • Fotocopia do documento de exención de IVE.
  • Autorización da SGAE para o caso de que a obra ou peza non sexa orixinal do grupo (salvo acreditación da exención).

Os grupos seleccionados deberán completar o envío co seguinte documentación complementaria:

  • historia da Compañía
  • fotografías do espectáculo en formato dixital (preferiblemente jpg) para a promoción do mesmo
  • Cartel da obra e programa de man

17. É obrigatorio presentar os datos recollidos nos apartados anteriores.

18. Todo isto por correo electrónico á dirección: [email protected], no Rexistro Municipal ou por correo certificado á dirección:

Concello de Poio
Praza do Mosteiro, nº 1
36994 Poio, Pontevedra
Especificando: Poio Escena 2019. Encontro de Teatro Afeccionado.

19. A documentación presentada pasará a formar parte dos fondos da organización, quen poderá usala para publicidade deste ou posteriores encontros.

Prazo

20. O prazo límite para a presentación da documentación conclúe o 1 de marzo de 2019.

Selección

21. A selección das obras será realizada por unha Comisión de Selección formada por un/unha representante da SCD Raxó, SCD Samieira e ACDeM Armadiña (cofundadores do Ciclo de Teatro Poio Escena), do departamento de dinamización cultural do Concello de Poio e pola Concelleira de Cultura.

A Comisión será a encargada de seleccionar de entre tódalas solicitudes presentadas as seis obras ( mais tres de reserva) que conformarán a programación desta edición e acordará con cada compañía a data da súa actuación.

As obras seleccionas deberán ser representadas sen cambios de texto respecto ao mostrado na solicitude e igual elenco de actores e actrices, figurantes e resto de reparto. Calquera cambio ou modificación debe ser notificada previamente aos organizadores. O incumprimento deste punto sen xustificación algunha, pode dar lugar a descalificación e perda do dereito a remuneración económica.

Os grupos seleccionados así como os grupos de reserva deberán confirmar a súa asistencia nun prazo de tres días, contados a partir da data nas que se lles comunica que foron seleccionados.

Caché por actuación

22. A organización aboará a cantidade de 400 € a cada grupo seleccionado para o Encontro en concepto de dietas por participación.

Poderá perderse o dereito a recibir esta axuda se non fose posible representar a obra nalgunha das datas dispoñibles para o Encontros.

Calquera grupo seleccionado que non se presente na data, hora e sede que lle sexa atribuída sen estar debidamente xustificada a súa ausencia, ademais de perder o dereito a axuda económica, será automaticamente excluído na seguinte edición.

23. Para poder facer efectivo o ingreso das dietas, cada grupo deberá aportar no momento en que lle sexa requirido pola organización:

– Unha certificación bancaria do número de conta do que sexa titular.

– Unha factura por 400 € a nome do Concello de Poio en concepto de “Dietas por participación no Poio Escena 2019, Encontros de Teatro Afeccionado”.

Conformidade

24. A presentación da documentación esixida implica a aceptación das presentes bases na súa totalidade.

25. Calquera circunstancia non prevista nestas bases, así como a interpretación das mesmas, será responsabilidade da Comisión Organizadora de maneira inapelable.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

premiorobertobolaño2019 |

Convocado o II Premio Roberto Vidal Bolaño

CircoMuchachos |

O Museo Circo de los Muchachos abre as súas portas en Ourense