in

O Museo Circo de los Muchachos abre as súas portas en Ourense

CircoMuchachos |

Ourense estreou este pasado sábado un museo dedicado ao Circo de los Muchachos, o primeiro circo escola de España. O novo museo está situado na rúa Bailén do centro ourensán e foi promovido pola Asociación Cultural Padre Silva.

O novo museo custodia fotografías, cartelaría, vestiario e diversos recordos do circo e do “universo” coñecido como Ciudad de los Muchachos. O material procede de diferentes coleccións particulares e das delegacións de Bemposta que existen noutros lugares do mundo, como Mozambique, Venezuela, Bélxica ou Xapón. A inauguración tivo lugar este sábado nun acto presentado pola comunicadora Montse Estévez.

O Circo de los Muchachos foi creado na década de 1960 por Jesús Silva Méndez, coñecido como o Padre Silva, nos arredores de Ourense, na parroquia de Siexalbo. Silva construíu alí unha especie de sociedade utópica durante a ditadura franquista, baseando a convivencia na escola nunha “democracia” de corte cristiá. O proxecto tiña como obxectivo promover o desenvolvemento dos mozos e mozas a través da defensa dos dereitos da infancia: todos eran considerados cidadáns con idénticos dereitos. Os propios nenos e nenas ocupaban os cargos de responsabilidade con carácter rotatorio, o que convertía Bemposta nunha especie de territorio independente que contaba con escolas, banco, igrexa, supermercadoe mesmo con moeda propia.

O Circo de los Muchachos converteuse nun dos máis recoñecidos a nivel mundial e terminou por se expandir a países como Venezuela e Colombia. Viaxou por todo o planeta, foi o primeiro circo en actuar no Grand Palais de Paris, comezou unha xira polo continente americano no Madison Square Garden de Nova York e, debido á ideoloxía que o guiaba, foi prohibido pola ditadura arxentina a finais da década de 1970.


Publicidade

A asociación presente o museo como un primeiro paso de cara á reactivación desta iniciativa, e pretende continuar a divulgación do legado do padre Silva coa organización de visitas escolares ao centro e o desenvolvemento dun congreso universitario sobre o proxecto.

A Asociación Cultural Padre Silva proxecta visitas guiadas de escolares de toda Galicia e a organización dun congreso sobre Bemposta nun futuro próximo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Auditorium87 |

Poio Escena 2019 – Encontros de Teatro Afeccionado

Camiños888 |

#camiños, de ButacaZero, arranca xira en Rianxo