in

Talía Teatro estrea ‘Vida de cans’ en Narón

vidadecans |

A compañía Talía Teatro estrea mañá, venres 22 de febreiro, ás 20:30, no Padroado de Cultura do Concello de Narón, Vida de cans, un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó.

Para a súa nova proposta, Talía Teatro recunca na colaboración cun dos grandes nomes da nosa escena: Cándido Pazó. O autor e a compañía volven xuntar forzas no que é un elo máis dunha xa delongada colaboración (Xustiza infinita, O merlo branco, E ti, de quen ves sendo?, Demolición, Foucellas).

Dani Trillo, Tono Casais e Artur Trillo póñense na pel de Nemo, Nolo e Lupo, tres cans moi diferentes entre eles aos que lles toca compartir un recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo… pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados… pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos… pero liberdade.

Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa “canalidade”. E todo vai derivando cara unha traxedia que nunca deixa de ser comedia.


Publicidade

Dani Trillo é o responsable do deseño do espazo escénico e da iluminación, Martina Cambeiro do vestiario e da maquillaxe, Fernando Fraga da música, Fausto Isorna dodeseño gráfico e Rubén Prieto da fotografía e o vídeo.

A obra terá un segundo pase o sábado 23, ás 20:00.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

sgaecompostela |

A Fundación SGAE convoca os premios anuais para autores de teatro 2019

commedia025 |

‘Commedia’ parte como favorita nos Premios María Casares