in

O Colectivo Verticalia estrea ‘Alma (non é hippie)’ na Coruña

almanonehippie3 |
O Colectivo Verticalia, formado por compoñentes de Duelirium e Traspediante, estrea no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, este venres 1 de marzo, ás 20:30, Alma (non é hippie), o seu primeiro traballo, que abre o ciclo o TRCDanza 2019.

 

Trátase dunha proposta de altura, xa que se constrúe a partir dun elemento principal: unha corda que colga do ceo dun teatro. Danza, verticalidade e poesía. As catro mulleres creadoras que estarán en escena –por unha banda Marta Alonso e Paula Quintas do Colectivo Traspediante e, polo outro lado, Raquel Oitavén e Mertxe Solé da compañía Duelirium– suman forzas baixo o nome de Colectivo Verticalia e contan, para esta primeira colaboración, coa dirección de Rolando San Martín e co apoio de Pistacatro.

Alma non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan hippie. Alma di que sen os demais, sen o outro, calquera deixaría de existir. Alma non se cre espiritual, senón que se sente así porque inspira e expira, inspira e expira.Alma di que a Alma non é unha realidade sensible e, polo tanto, non pode ser estudada pola ciencia. Teno claro.

ALMA sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento métese dentro, baila sen control, deixa saír a tolemia, expóñense sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así teríase perdido para sempre o lume que habitan as cousas. ALMA é un proxecto de Danza e Voo #vertical que comeza a a súa investigación internándose na poética que se pode xerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro.


Publicidade

ALMA (non é hippie), é o primeiro espectáculo de Danza Vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro. ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

Unha proposta de danza vertical para comezar marzo voando e dar o pistoletazo de saída ás artistas e propostas convidadas da tempada de primavera e do programa TRCDanza deste ano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CompañeiraPiso |

Contraproducións estrea ‘A compañeira de piso’ no Salón Teatro

FiosErnestoIsViana |

Antonio Mauriz gaña o I Premio Platta de Teatro Breve con ‘Amor de corbata’