in

VIII Semana da Danza de Lugo

EntreSoñosFranSieira |

VIII Semana da Danza de Lugo, que se celebrará do xoves 25 de abril ao 14 de maio, inclúe diferentes e variados espectáculos de danza no Gustavo Freire e representacións de danza na rúa, ademais dun concurso coreográfico e sesións de distintas escolas. As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños. A programación é a seguinte:

 

Xoves, 25 de abril

Ás 12:00 horas, representación didáctica para institutos de Pink Unicorns, con La Macana.

Ás 18:00 horas, obradoiro para nais, pais e adolescentes con La Macana. Trátase dunha actividade de inmersión artística para familias, aberta a nais, pais, rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. Precísase convite para particpar, que se repartirán na conserxería do conservatorio de danza a partir do vindeiro martes, 23 de abril.

Ás 20:30 horas, Pink Unicorns, de La Macana. Nesta creación soben a escena un pai e o seu fillo adolescente, O primeiro, un galego de orixe cubana cunha ampla traxectoria como bailarín e, por outro lado, un rapaz de 14 anos, cheo de gañas de confrontar a súa perspectiva millenial coa do seu querido pai.

Venres, 26 de abril

Ás 12:30 horas, Olladas no tempo, representación didáctica para institutos. O alumnado de danza contemporánea do conservatorio de danza un grupo de percusión e clarinete do conservatorio de música Xoán Montes presentan un espectáculo de danza con músiva en vivo

Ás 20:00 horas, repítese Olladas no tempo, para público en xeral.

Sábado, 27 de abril

Ás 20:00 horas, espectáculo de baile e música tradicional galega, Entre soños, de Fran Sieira Compañía, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijóo, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.


Publicidade

Luns, 29 de abril

Ás 20:30 horas, Fusión en Danza, coa Escola Tradi Oxeito, Victorial Gil Danza&Escena, Escola de Baile Mercedes Castro, Escola de Danza Teresa Neri e Escola de Danza Star Dance.

Martes, 30 de abril

Ás 20:00 horas, Encontro de Centros de Danza. Trátase dun acto colectivo de conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de diversos centros de ensino de danza clásica e contemporánea de Galicia.

Martes, 14 de maio

Ás 19:30 horas, presentación dos traballos coreográficos sobre Anne Teresa De Keersmaeker, crados polo alumnado do Conservatorio de Danza de Lugo.

 

Danza na rúa

Como vén sendo habitual, esta programación tamén inclúe espectáculos na rúa, do 23 ao 27 de abril. Participarán a Escola Palimoco Teatro Danza, Star Dance, Tradi Oxeito, Victoria Gil Danza & Escena, Mercedes Castro, e Gravitty, que amosarán á veciñanza esta arte na Praza de Santa María, en diversos puntos da Praza Maior e no Paseo Vila de Foz, no parque Rosalía de Castro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Pano Teatro Principal |

Unha exposición amosa a historia do Teatro Principal de Tui

AutodanceMatsBäcker |

FITEI e Dias da Dança únense nun gran festival para o Norte de Portugal