in

‘A Gala’ de Licenciada Sotelo no TRC Danza

licenciada |

A gala, último espectáculo da compañía Licenciada Sotelo, poderá verse este sábado 27 de abril no Teatro Rosalía de Castro, dentro do ciclo TRC Danza.

A última peza da coreógrafa galega Nuria Sotelo parte da investigación da figura e obra da pintora surrealista Maruja Mallo como eixo do proceso creativo para A gala, unha peza para a que se rodea doutras artistas como as galegas Cris Vilariño, Andrea Quintana e Laura Iturralde ou a andaluza Rebeca Carrera.

Ao máis puro estilo da xeración do 27, A gala xira arredor dunha ficción de partida: o proceso de creación para coreografar a entrega dos Premios Maruja Mallo que as intérpretes teñen entre mans. Ao mesmo tempo que se aborda o recoñecemento histórico á autora, a peza fai unha critica ás nosas propias figuras reivindicativas. Unha crítica á actual sociedade durmida na que a acción se revela como última opción.


Publicidade

Licenciada Sotelo suma con A gala unha nova creación a súa compañía, coa que leva traballando na busca dunha linguaxe propia dende 2010, con colaboracións asiduas con outras artistas do territorio como a dramaturga Ana Vallés, a cellista Macarena Montesinos a cantante Mouncoup ou as bailarinas Rut Balbís, Cris Vilariño ou Clara Ferrao.

O proxecto de Programación Expandida do TRCDanza é un programa de mediación cultural vinculado ao programa anual de danza do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Un proxecto onde aplicar de maneira práctica o concepto de Programación Expandida adecuándoo a un programa de danza que, dende o ano 2012, foi activado dende un teatro público desta cidade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GEP2019 |

Xa se coñecen as obras galegas para Galicia Escena Pro

Kukas |

Os Monicreques de Kukas, premio Xiria ao Labor Teatral no seu 40º aniversario