in

Ana Vallés opta hoxe ao Premio Max á Mellor Dirección

CircoDePulgas16 |
Temps Salvatge e Els jocs florals de Canprosa do Teatro Nacional de Cataluña, con cinco e catro nomeacións, son as favoritas desta edición. | M. X. | |Foto: Rubén Vilanova |

 

Hoxe, a partir das 20:00, nunha cerimonia que transmitirá en directo La 2, Ana Zamora dirixirá no Teatro Calderón de Valladolid un espectáculo no que se fallarán as 19 categorías do XXII Premio Max das Artes Escénicas e que estará presentado polo actor Fernando Cayo.

Ana Vallés, de Matarile Teatro, é unha das tres finalistas ao Premio Max á Mellor Dirección Escénica polo espectáculo Circo de pulgas. Vallés terá outros dous importantes directores como competidores: Sílvia Munt (por La resposta) e Xavier Albertí (por Temps Salvatge).

Publicidade

Vallés, nada en Ferrol, está á fronte da compañía dende hai máis de 30 anos e colleitou numerosos recoñecementos dentro e fóra das nosas fronteiras. En compañía de Baltasar Patiño, sacou adiante outros importantes proxectos como o Festival En Pé de Pedra, a Sala Galán ou, máis recentemente, a Sala Montiel, un proxecto efémero de tan só 3 meses que viu a luz grazas a unha campaña de micromecenado.

O espectáculo Circo de pulgas estreouse no Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, en 2017 e dende aquela pasou por numerosos espazos e festivais como Naves Matadero, TNT, FETAL ou o LAVA de Valladolid.

A candidatura de Vallés é a única representación galega na lista de finalistas deste ano.

 

Unha gala diferente a cargo de Ana Zamora

Nesta edición dos premios parten como favoritas a producción do Teatre Nacional de Catalunya (TNC) Temps Salvatge, de Josep María Miró, con cinco candidaturas, seguida doutra montaxe dese mesmo teatro, Els jocs florals de Canprosa, con catro.

A Fundación SGAE, que convoca os galardóns, entregará, ademais das 19 categorías a concurso, outros tres premios que xa se coñecen, entre eles o Max de Honor, que recaeu na valisoletana Concha Velasco.

Segundo as súas propias declaracións, Ana Zamora deseñou un espectáculo que se aparta do humor habitual para realizar un “experimento teatral de gran densidade” inscrito no leitmotiv que lle suxeriron dende a Fundación SGAE: a festa da liberdade”.

“Non vai a ser unha colección de actuacións senón un espectáculo dun grupo de xente comprometida cunha idea, con textos que teñen certa densidade; fuximos da stand up comedy, do chiste. É un experimento dende o puramente teatral”, subliñou sobre a gala, que durará arredor de dúas horas.

Publicidade

 

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OAutomato |

Comeza a 38ª edición do Fazer a Festa en Maia

CafeDeLasArterNana |

Tres compañías de Madrid, Cantabria e Euskadi en Galicia Escena Pro