Os vindeiros 25 e 26 de maio, preséntase no Salón Teatro de Compostela SOMA, a primera colaboración entre o coreógrafo e investigador Javier Martín e o escultor e performer catalán Joaquin Jara en coprodución co CDG. A eles súmanse o iluminador Octavio Mas e o artista sonoro Artur M. Puga.
SOMA é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria grieta e abismo. Un saír do rito.
Performance, acción e instalación xurdida do encontro entre Joaquín Jara, escultor ambientalista e performer, e Javier Martín, investigador no eido das artes do movemento. O deseño de luz e a súa activación corre a cargo do iluminador escénico Octavio Mas. Artur M. Puga constrúe o son en tempo real.
Bailarín, escultor, iluminador e músico comparten traballo, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, relacionándose e difuminando roles mediante esculturas, materiais, ambientes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador.
Javier Martín
Bailarín e coreógrafo, desenvolve un proxecto de investigación de corte epistemolóxico arredor das artes do movemento, que atopa as súas fugas na creación de discurso e nas súas distintas aplicacións, como son: a escrita, conferencias performativas, procesos de obra acompañados de talleres e grupos de traballo, a activación e desenvolvemento de grupos de investigación e laboratorios, o acompañamento de itinerarios formativos en distintas universidades ou o desenvolvemento de seminarios. E, como motor e causa de todo, a creación de espectáculos.
Desde os seus inicios artísticos, mentres estudaba Química na Facultade da Universidade de Santiago, especializándose no itinerario de Mecánica Cuántica, estreou máis de 30 pezas como A exforma, Control, Symptoma (en colaboración co pianista ruso Oleg Karavaichuk) e Oximórica, entre outras, en España, Francia, Rusia, Portugal, México e Ucraína. Recentemente foi artista residente en L’animal a l’esquena (Girona), EIRA (Lisboa), Kannon Dance House (San Petersburgo), Centro de Danza Canal (Madrid), Museo Universidad de Navarra MUN (Pamplona) ou Teatro Colón (A Coruña).
Os seus últimos proxectos foron presentados no Museo del Chopo da UNAM (Méxi o), Teatro Alexandrinsky (San Petersburgo), GogolFest (Kiev), CCCB (Barcelona), Theatro Circo (Braga), Centre Pompidou (Málaga), Museo Reina Sofía (Madrid) e na Universidad Sorbonne Nouvelle (París), entre outros.
Colabora ocasionalmente con artistas de diferentes disciplinas, como o músico Oleg Karavaichuk ou o fotógrafo e cineasta Tono Mejuto.
Ficha artística
Co-creación: Javier Martín E Joaquín Jara
Iluminación: Octavio Más
Son en directo: Artur M. Puga
Produción executiva e acompañamento: Sabela Mendoza
Construcción de instrumento (abellón): Xoan-Xil López
Coproducen: Centro Dramático Galego e Javier Martín
Residencia de creación: L’animal a l’esquena (Girona)
Grupo de investigación: Corpo en acto (Tribuna Pública, Concello da Coruña)