in

Presentación en Compostela da ‘Historia de la danza contemporánea en España’

ballet 3174227 1280 |

O sábado 25 de maio ás 12:30, no ambigú do Teatro Principal de Santiago de Compostela, presentarase o volume 1 da Historia de la danza contemporánea en España, editado pola Academia de las Artes Escénicas de España. O acto contará coa presenza de Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural e Festas do Concello de Santiago, de Rosángeles Vals, Vicepresidenta segunda da Academia e coordinadora da publicación, de Carmen Giménez Morte, académica, coordinadora e editora da publicación, e de Afonso Becerra, autor do capítulo dedicado a Galicia.

Historia da danza contemporánea en España (Vol. 1) é un manual de estudo para a disciplina da danza, publicado na colección Artes y Oficios de la escena da Academia de las Artes Escénicas de España co apoio do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y la Música INAEM. O primeiro volume da triloxía, Desde los últimos años del franquismo hasta 1992, abrangue a etapa de inicio de políticas culturais decisivas para o desenvolvemento das compañías de danza contemporánea no estado. O ano 1992 é tamén unha data destacada xa que a mirada internacional se dirixe cara a acontecementos como as olimpíadas de Barcelona e a Expo en Sevilla: unha etapa de inicio de políticas culturais que foron decisivas para desenvolver as incipientes compañías de danza contemporánea en España.


Publicidade

No primeiro volume de Historia de la danza contemporánea en España participaron autores expertos na disciplina da danza desde os enfoques profesionais da práctica, a docencia, a teoría, a investigación e a divulgación. As académicas Rosángeles Valls, Carmen Giménez Morte, Ana Isabel Elvira Esteban, Laura Kumin, Cristina de Lucas e Mercedes L. Caballero. Os académicos Guillermo Heras Toledo, Cesc Gelabert Uslé e Toni Pastor Borrás. E os autores Eduardo López, Beatriu Daniel Ferrer, Alicia Gómez Linares, África Calvo Lluch, Nati Buil Franco, Elisa Novo Gonzáles-Valledor, María Dolores Tena Medialdea, Carolina Martínez López, Ester Vendrell Sales. Cristina Silveira. Afonso Becerra de Becerreá, Tania Herrero Martínez, Georgina Cayuela Vera, Berha Bermudez Pascual e Maite Pascual Bonís. O texto está ilustrado con fotografías dos espectáculos procedentes de arquivos das entidades colaboradoras e de coleccións persoais dos coreógrafos e bailaríns.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

BarrigaVerdeMuseoLalín |

O Museo da Marioneta pecha polos incumprimentos do Concello de Lalín

festivalAfundacionDiscapacidades |

Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019