in

Inclusión social a través de Chekhov

PeticionDeManoVarelaProducciones |

Varela Producciones, a Compañía de Teatro Social de Blanca Marsillach, viaxará os días 18 e 19 de xuño a Galicia para representar un proxecto de teatro social dirixido a persoas con discapacidade.

Segundo informou a compañía, Petición de man, de Chekhov, é unha comedia duns 20 minutos de duración, “chea de situacións absurdas” entre unha moza solteira, a súa nai e o seu pretendente hipocondríaco, que busca reflexionar sobre como “moitas veces o ser humano se deixa levar polo seu carácter sen importarlle os seus intereses”.

A segunda parte da peza ten unha duración de 40 minutos e consta de talleres co público asistente, recreando partes da representación a través de xogos e técnicas teatrais, adaptadas para público discapacitado. O obxectivo é que os asistentes poidan sentir como é ser actor e, desta maneira, integrarse cos profesionais e superar os seus posibles medos encima das táboas.


Publicidade

A peza representarase o martes 18 de xuño en Santiago, ás 11:00, en Volta do Castro e ás 17:15 en Porta do Camiño. O mércores, día 19, chegará ata o CAPD de Sarria, ás 10:00; e a Ourense, nos Milagres de Barbadás, ás 17:00.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FranMartinezHumedales |

SóLODOS: a Danza invade o Claustro de San Francisco en Ourense

Dramatens2019 |

Aberta a convocatoria para o ‘Concurso Anual de Dramaturgia’ Dramatens