in

Toño Casais evoluciona favorablemente despois dun accidente en Muxía

Toño Casais
O seu compañeiro Artur Trillo di que puido falar con el na tarde do domingo e que o encontrou “ben, con humor”.

 

O actor e director Toño Casais segue ingresado na UCI do CHUAC da Coruña despois de que o pasado sábado tivese que ser evacuado de urxencia tras sufrir unha caída en Muxía, durante a montaxe da función de Talía Teatro, Vida de cans. Casais sofre dun traumatismo cranioencefálico con prognóstico grave. A súa evolución, porén, é favorable, e atópase consciente, estable e con mobilidade.

Casais caeu dunha escaleira durante a montaxe da obra de Cándido Pazó e tivo que ser evacuado de urxencia, en helicóptero, até o hospital coruñés.

O seu compañeiro en Talía Teatro, Artur Trillo, explicoulle á erregueté que falara con el na tarde do domingo e que o encontrou “ben, con humor”, aínda que “mareado e canso”. Segundo Trillo, os médicos declaran que evoluciona favorablemente. “Estamos máis tranquilos”, dixo.


Publicidade

Durante as últimas vinte e catro horas sucedéronse as mostras de preocupación e de afecto a través das redes sociais, así como mensaxes de apoio e de a Casais e aos seus compañeiros.

Toño Casais é un dos piares de Talía Teatro, compañía coa que recibiu o Premio FETEGA 2007 ao Mellor actor por Esperando a Godot e o Premio María Casares 2010 por Palabras encadeadas. Tamén recibiu o María Casares ao Mellor Actor Secundario en 2005 por O encoro, da compañía Teatro do Atlántico. En 2012 foi elixido presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e o seu traballo, dentro e fóra do escenario é recoñecido por toda a profesión teatral. Entre as últimas montaxes nas que participou débense citar O método Grönholm, Demolición, Foucellas, Ubú rei ou O servidor de dous amos.

Ademais, Casais desenvolveu unha longa carreira no audiovisual, en series como Serramoura, Libro de Familia ou Fariña.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PatriciaDeLorenzo2 |

Patricia de Lorenzo, Xograresa de Outono no FIOT de Carballo

kirenia1 |

Kirenia Martínez, escollida para o I Laboratorio de Creación Coreográfica da Fundación SGAE