A AGADIC vén de publicar o listado provisional das persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego.
Oito persoas presentaron a súa candidatura ao posto sen que existan solicitudes excluídas. Os nomes das aspirantes son: Eva Alonso Gómez, Julio Fernández Peláez, Francisco Javier Núñez Alonso, Gonzalo Méndez Mosquera, Héctor Mera Herbello, Francisco Manuel Peleteiro Román, Julián Rodríguez Novo e Pedro Alberto Rubín Garrido.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días, contados desde o seguinte día da publicación da resolución, para presentar as emendas correspondentes. As reclamacións poderán presentarse no Rexistro da Axencia Galega das Industriais Culturais, sito na Cidade da Cultura.
Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase a resolución na que figure o listado definitivo de persoas admitidas.