Hoxe, 22 de decembro, no Pub Modus Vivendi de Compostela, Lorena Conde presentará o libro Santa Inés, publicado pola Editora Urutau. A presentación desta obra contará coa participación de Gena Baamonde, Goretti Sanmartín, Inés Salvado Gontad e da propia autora.
O espectáculo Santa Inés vén de estrearse pola compañía A Feroz o pasado 20 de decembro na Igrexa da Universidade. Na obra danse cita a ficción, a realidade e a indagación escénica arredor do corpo e a palabra como vías transcendentes. Un monólogo cru, rabioso, tenro, irónico e moi poético que se defende con uñas e dentes nun espazo case onírico. É esta unha peza íntima, na que o público se reúne arredor da intérprete e asiste a un xogo de biografismo e auto-ficción no que se disecciona aquilo que non se ve a simple vista e do que, como sociedade, habitualmente non ousamos falar con esta honestidade.