Hoxe comeza a XI edición do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos, organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. Todos os asistentes poderán gozar durante os sábados de febreiro de cinco espectáculos.
O encontro comeza hoxe coa comedia Un, dous, tres do grupo de Compostela Teatro Carauta. O día 8, será a quenda de Fatum, de O Catre Teatro, das Pontes. O día 15, Dúas portas e un segredo, será representada polo grupo estradense Disfunción Continua. O 22, Fauna 113, de Vigo, levará a Betanzos A última cea. Finalmente, o día 29, Tiruleque, do Carballiño, porá en escena A farsa de Maitre Pathelin.
Todas as funcións serán de balde.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



