in

Ensalle estrea ‘Antes de que llegue la bestia’ no marco do Festival Isto Ferve

AntesDeQueLlegueLaBestia |
A compañía de teatro contemporáneo ENSALLE, estrea en Vigo o seu novo espectáculo Antes de que llegue la bestia. Os días 13, 14, 15 e 16 de febreiro, terá lugar a estrea absoluta do novo traballo da compañía. A obra, que poderá verse na sala Teatro Ensalle de Vigo, abre a programación da nova edición do Festival Isto Ferve.

 

Coa estrea absoluta do seu novo traballo Antes de que llegue la bestia, Cía. Ensalle será a compañía encargada de abrir a programación no XVI FESTIVAL ISTO FERVE ‘20, que se celebrará do 13 de febreiro ao 8 de marzo, na sala Teatro Ensalle de Vigo, ubicada na rúa Chile 15.

Antes de que llegue la bestia” enmárcase no contexto Canchales; unha iniciativa de investigación escénica promovida en 2016 pola Compañía Ensalle, na cal se convida a creadores da escena contemporánea a participar dos seus procesos de creación, posibilitando experimentar camiños comúns e afondar en ideas dende distintas perspectivas e linguaxes. Neste caso, as colaboracións realizáronse con Terrorismo de autor (colectivo audiovisual), o bailarín Sergi Fäustino e Antoine Forgeron, creador escénico, iluminador, técnico de escena e director técnico.

Besta é a palabra clave da peza. A Besta política e económica, a Besta social, o que deixou a Besta nos nosos corpos, a miña propia Besta.

A ollada sitúase no contexto socio-político actual, hoxe. Como está construido o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar á Besta, como podemos destruír a evidencia. Bailar a batidas, militar verbas, a acción como rastro do posible, camiñar igual de fronte que de costas, oubear. Pequenas revelacións ou presentimentos.

 

Canchales

O proxecto Canchales estivo presente no proceso de creación de Antes de que llegue la bestia: en xuño de 2019, lévase a cabo a colaboración entre Terrorismo de autor, Antoine Forgeron e Ensalle no que constituíu o Canchal VI; en setembro, Terrorismo de autor, e Ensalle estrearon o Canchal VI. Parte II; en outubro, Sergi Fäustino e Ensalle comparten proceso para crear o Canchal VII; finalmente, en decembro, con todos os invitados ao proceso –Terrorismo de autor, Antoine Forgeron, Sergi Fäustino e Ensalle– lévase a cabo Canchal VIII, a última colaboración no proceso de creación, antes da estrea da obra o próximo 13 de febrero.


Publicidade

 

Compañía

ENSALLE compañía de creación contemporánea nacida en Madrid en 1995, estabecese en Vigo en 2003. A compañía é a suma dos creadores Raquel Hernández, Pedro Fresneda e Artús Rei e da súa traxectoria conxunta dende 2005. As súas creacións, son o resultado dun traballo en continuidade e en evolución permanente, levando á escena propostas que mesturan linguaxes cun contido socio-político-vital e en colaboracións con outros creadores.

Con máis de vinte montaxes na súa traxectoria artística, as súas creacións presentáronse en espazos e festivais de España, México, Chile, Arxentina, Uruguai ou Portugal.

 

Ficha artística

Con Raquel Hernández, Artús Rei e Pedro Fresneda.
Dirección, iluminación e texto: P. Fresneda.
Colaboracións artísticas: Terrorismo de autor, Sergi Fäustino e Antoine Forgeron
Fotografía: Bieito Rey.
Distribución e Produción: María Costa.
Coa colaboración na produción da Agadic

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

XI Encontro Betanzos |

Comeza o XI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos

CurvaEspaña011 |

Miguel de Lira obtén o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva