O vindeiro venres, 21 de febreiro, a Compañía Exire estrea, ás 21:00, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o seu novo espectáculo, Médula.
Médula conta con creación, coreografía e interpretación de Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez e, segundo as creadoras, fala de “volver a nós, de sentirnos como almas ceibes destinadas a transmitir historias, viaxes de vida, a nos mover entre murmurios, mais sen medo de nos enfrontar co que non queremos. Seguimos os nosos instintos, ouveamos para recoñecérmonos e uliscamos a mesma pegada para seguir o camiño desexado. Somos elas e elas nós.”
Exire é unha compañía de Danza Urbana e Contemporánea que reside na Coruña. Ten máis de 10 anos de experiencia en Artes Escénicas, xirando por toda a xeografía galega dende o 2006. Actualmente teñen varios espectáculos en activo, de danza contemporánea e de danzas urbanas.
As súas compoñentes comenzaron formándose en Danza Clásica no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña. Posteriormente formáronse en Danza Contemporánea e Danzas Urbanas en diferentes centros e con diferentes docentes do territorio nacional e internacional. Seguen en constante formación, compaxinando a danza con outras artes escénicas.
Colaboran a nivel persoal con outras compañías, como Entremans, As Tricotouses, Elefante Elegante, Artestudio Teatro e Nova Galega de Danza.
Ficha
Creación, coreografía e interpretación: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez
Asesoramento coreográfico e vídeo: Armando Martén
Música orixinal, voz e composición: María Move
Música orixinal e produción musical: Raúl Grillo
Tambores batá: Alexis Fernández
Pandeireta: Halima Shalabi
Espazo Escénico e iluminación: RTA
Vestiario: Ramón Santos e Olalla Armada
Fotografía: Andrés Nadal
Produción e Distribución: Artestudio Xestion Cultural en coprodución co CCG
Duración: 50 min