in ,

José Domínguez Bueno gaña o II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León

Jose Dominguez Bueno
José Domínguez Bueno vén de acadar o II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León coa peza Voces en el limbo. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. | Foto: Paul Márquez |

 

O xurado –formado por María Rodríguez Salgueiro, Alberto Gil-Albert Gómez e Antón Lamapereira López, actuando de secretario con voz pero sen voto don Pedro Pablo Riobó, pola erregueté– destacou que o texto gañador “trata o tema da inmigración nunha serie de retallos de diálogos e monólogos corrosivos que colocan ao público lector diante dun discurso cínico e descarnado que evita a menor concesión”.

 

O autor

José Domínguez Bueno, natural do Irixo, emigrou de neno a Caracas, Venezuela, onde desenvolveu a maior parte do seu traballo artístico como director, actor e dramaturgo.

Inicia sus actividades teatrais co grupo “Autoteatro”. En 1986 ingresa en El Ateneo de Caracas e produce varias obras: Mariana Pineda (Lorca/Tambascio), Chuo Gil (Uslar/Tambascio), Baño de Damas (Santana/Guerra), Ricardo III (Shakespeare/Cabrujas)… En 1988 dirixe Primer día de resurrección de Rodolfo Santana. Entre 1990 e 1994 Produce e dirixe varias obras de Gustavo Ott entre as que se atopan: Cielito Lindo, Nunca dije que era una niña buena, Passport, Los peces crecen con la luna.

En 1992 estrea a súa peza Infantil Las Aventura del Rey Mono na Sala Cadafe, dirixida por Wilfredo Zurita. Obtén e Premio de Dramaturxia “Esther Bustamante” do Nuevo Grupo na sú última edición (1994) con Los Plac, sueño japonés en cuatro estaciones, peza que estreará co Grupo Rajatabla. Con esta agrupación á que está vencellado desde 1983 participou en innumerables produccións: Casas Muertas (Otero Silva/ Giménez), La Celestina (Rojas/Giménez), Bolívar (Rial/ Giménez), Sucre (Rial/López), Juego de Bolas (Santana/Blanco), Cuentos del Bosque de Viena (Howart/Maggelli), Blasón de Lobos (Valle/ Brambilla), entre moitas outras. Igualmente con Rajatabla dirixiu as reposicións dalgunhas das súas pezas como Tu País está Feliz (Miranda/Giménez) e Señor Presidente (Asturias/Giménez), e realizou a posta en escena de Buñuel, Lorca y Dalí de Alfonso Plou, En un lugar de La Mancha, de Javier García Montero, Un hombre de otros tiempos, de J.A.Rial, Trastos Viejos de Javier Vidal, entre outras.


Publicidade

Co Taller Nacional de Teatro dirixe: La Casa de Bernarda Alba, Yerma e El Público de García Lorca, e a súa peza Plenilunio en la Casa del Dolor, que estrea na Sala Rajatabla en 2008. No 2007 dirixe a comedia Las Novias de Travolta, de Andrés Tulipano que estende temporada ata o 2008, ano en que tamén leva a escena para Water People internacional Algunos lo piensan, Nosotros lo decimos, de Rebeca Alemán e Oscar Perdomo Marín.

É cofundador do Teatro San Martín de Caracas (1993), Premio Esther Bustamante de Dramaturgia por Los Plac, Orden Andres Bello (1990), Premio Municipal Académico (2000) por La Casa de Bernarda Alba, e Orden Mariscal Antonio José de Sucre (2004) Foi Produtor Executivo do VII e VIII Festival Internacional de Teatro de Caracas e Director do Taller Nacional de Teatro. Ten colaborado en varias publicacións como Estampas, El Universal, Arte Plural, ou Conjunto (Cuba). Tamén traballou como productor, Director e libretista de Televisión en Radio Caracas Televisión e como actor en Venevisión.

Actualmente reside no Carballiño, onde colabora co grupo Tiruleque.

 

O certame

O Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas nace en 2019 co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Platta, Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Federación Galega de Teatro Afeccionado, Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e erregueté). O premio estrutúrase ao longo do ano en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio PLATTA de Teatro Breve – de Castilla y León (castelán), I Premio PLATTA de Teatro Breve – Galicia (galego), I Prémio PLATTA de Peças Curtas de Teatro – Portugal (portugués). Este texto é o segundo da colección PLATTA de teatro breve editada pola erregueté, e cofinanciada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

D50A1156 774B 48B4 8DFD A0AD76EC9F3F |

A MIT Ribadavia gaña o Premio Marsillach

PalestraJoanaCraveiro02 |

Mexillóns recheos, por Esther Carrodeguas