in

A AAAG apoia as reivindicacións das alumnas da ESAD contra o acoso sexual e os abusos

ESAD5 |

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu pleno apoio ás reivindicacións e mobilizacións das alumnas da ESADg (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), secundadas polo resto do alumnado e as profesoras do centro, e no que se solidaríza coas súas manifestacións denunciando condutas de abusos de poder e acoso sexual. A AAAG, di o comunicado, “apoia as súas iniciativas en contra dunhas actitudes que xa non só serían impropias, senón absolutamente intolerables e reprobables que deben ser investigadas como primeiro paso para a súa completa erradicación”.

A Asociación considera, ademais e tal como reivindicaron a través dun manifesto as profesoras da ESADg, que o centro é “un lugar de convivencia destinado á formación de artistas e á educación nun sentido amplo”. Segundo o comunicado, a ESADg, “como espazo de encontro e de futuro das nosas artes escénicas”, debe ficar libre de toda violencia machista en calquera das súas múltiples caras, garantindo a liberdade, a integridade e a dignidade de todas as persoas que conforman a comunidade educativa. “Este tipo de condutas e actitudes non deben ter máis collida na nosa sociedade en xeral nin en centros de educación nos que, día a día, clase a clase, curso a curso se constrúen os alicerces do futuro da nosa sociedade”, afima.

A AAAG, ademais, aplaude a iniciativa das alumnas “de poñer o foco nesta situación co obxectivo de rematar cos silencios que atravesaron ao longo dos anos todos os ámbitos da sociedade”.

Publicidade

A AAAG remata solicitándolles ás autoridades educativas “que tomen as medidas pertinentes, investiguen coa máxima celeridade a situación e garantan que o conxunto da comunidade educativa da ESADg poida desenvolver a vida profesional, formativa e persoal coa liberdade e a igualdade inquebrantables que precisa e merece o conxunto da cidadanía”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Flor Maceiras

Flor Maceiras recebe o Premio de Honra Marisa Soto deste ano

MicrospectivasMaricaMillenial02 |

Incendiaria estrea en Cangas ‘Microspectivas dun marica millennial’