in

A reacción da cultura obriga ao goberno do Estado a rectificar e atender as súas demandas

290320 Consejo4 |
A ministra portavoz, María Jesús Montero,  anuncia un encontro para estudar medidas de estímulo na cultura. | M. X. |

 

“O Goberno é consciente das dificultades extremas que estamos atravesando e polo tanto estudaremos a súa singularidade para que poidan beneficiarse das medidas xerais adaptadas ao seu perfil que xa se puxeron en marcha ou as que se poidan deseñar ou aplicarno futuro”. Así se refería María Jesús Montero ao sector da cultura tras o Consello de Ministros extraordinario deste venres.

O malestar expresado polo sector ante a primeira comparecencia do Ministro de Cultura parece ter dados os seus froitos: a ministra portavoz anunciou para os próximos días unha reunión conxunta de ambas carteiras coas asociacións profesionais.

As profesionais da cultura censuraron estes días ao ministro José Manuel Rodríguez Uribes as declaracións feitas na súa comparecencia, nas que viña a afirmar que o sector cultural non ía ser obxecto de medidas específicas para amortecer os efectos económicos provocados pola crise desatada pola pandemia, ao tempo que a súa carteira destinaba 50 millóns de euros ás federacións deportivas.

As múltiplas reaccións negativas e a convocatoria dun apagón cultural nas redes en protesta por esta comparecencia –cun seguemento moi desigual– levaron ao goberno do Estado a declarar que ía “estudar a singularidade do sector cultural”. “A industria cultural está sufrindo unha parte moi aguda da baixada da actividade económica pola incapacidade para celebrar actuacións nas que o conxunto do público se poida reunir”, tivo que admitir Montero.

Antes do encontro, Montero e Rodríguez Uribes reuniranse coa ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, para valorar medidas de estímulo específicas.


Publicidade

 

Rodríguez Uribes propón reforzar os Fondos Estructurais da UE

Ao tempo, Rodríguez Uribes, despois dunha reunión informal de ministros de Cultura da Unión Europea sobre as implicacións da crise do Covid-19 nas industrias creativas e culturais, propuxo reforzar os Fondos Estructurais e dotar de maior financiamento Europa Creativa para, por exemplo, intensificar o papel do seu instrumento de garantía. “En todo caso, estas circunstancias deben estar presentes no nuevo programa e recoller medidas ad hoc“, declarou.

Para Rodríguez Uribes, a situación que presenta esta pandemia global require unha resposta unida e solidaria da Unión Europea, co traballo en común de todos os Estados Membros: “Esta crise é tamén unha oportunidade para reforzar a cultura como elemento central nas políticas de construción europea e convertela nun dos motores económicos de recuperación e de vertebración de Europa”, dixo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

confin2 |

Segunda carta á profesión desde o confín, por Chiqui Pereira

Paloma Luxilde

No confín de… Pomba Luxilde