in

No confín de… Pomba Luxilde

Paloma Luxilde
Pomba Luxilde dirixe a escola Palimoco de Teatro e Danza en Lugo e coordina a área de cultura da Universidade de Santiago de Compostela na cidade amurallada. Con Teatro Baixo da Area estreou a principios deste ano Poeta en Nova York, adaptación da obra de Federico García Lorca protagonizada por María Roja, Sabela Eiriz e Sergio Zearreta.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Scórpio de Ricardo Carvalho Calero e moitos máis facendo cola

A túa banda sonora destes días.

Luis Eduardo Aute, Carmina Burana de Orff, Abraham Boba, Joy Division, Narf… Un pouco de todo, dependendo do día. Nas aulas virtuais estou escoitando música dos anos 90 de diferentes espectáculos, cando empezaba a dirixir. A cara da rapazada e dos máis pequenos é un poema. O outro día cos temas míticos da Bola de Cristal ou Siniestro Total. Agora mesmo soa Cindy Lauper.

O último filme que te impresionou.

El Hoyo de Galder Gaztelu-Urrutia e Hogar dos irmáns Pastor, foron as dúas últimas películas estes días e si que me deixaron un corpo curioso.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Mergullaríame en varias como voyeur para ver como chegaron a crearse; nesas obras que, para min, constitúen parte da miña enciclopedia cultural. Acompañar ao personaxe de David Bowie no filme Labyrinth (Dentro do labirinto), viaxar por La mesa verde de Kurt Jooss ou en calquera coreografía de Pina Bausch. Meténdome polo medio, intentando seguilas. Andar, tamén, por cadros coma O bico de Klimt ou O berro de Munch, polas pinturas negras de Goya, as fotografías de Saudek. Pasear con Lorca por Harlem ou Cuba e percorrer o Camiño de Baldosas Amarelas para, ao final, quedarme nunha rocha da praia de Aguieira, escoitando o mar e a xente pasar. Sería un bo soño.

A peza que che gustaría dirixir.

La vida es sueño de Calderón podería ser unha opción. Pero hai temas que quero tratar desde hai moito tempo: ETA, a prostitución en Lugo…

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Dolores González Katarain, Yoyes.

Se non foses directora, serías…

Arqueóloga.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

290320 Consejo4 |

A reacción da cultura obriga ao goberno do Estado a rectificar e atender as súas demandas

Crema |

Diario de cativerio. Día 30, por Esther Carrodeguas