Pomba Luxilde dirixe a escola Palimoco de Teatro e Danza en Lugo e coordina a área de cultura da Universidade de Santiago de Compostela na cidade amurallada. Con Teatro Baixo da Area estreou a principios deste ano Poeta en Nova York, adaptación da obra de Federico García Lorca protagonizada por María Roja, Sabela Eiriz e […]
Etiqueta: Pomba Luxilde
Poeta en Nova York
Teatro Baixo da Area, a nova liña de investigación das producións de Pomba Luxilde (Escola Palimoco de Teatro e Danza), estreou en Lugo con gran éxito de público a adaptación ao galego deste clásico da lingua castelá. Unha proposta coherente co imaxinario do granadino, cun respectuoso e coidado traballo dramatúrxico: tanto na tradución e posta en escena do texto como na forma de dicir e representalo. A conxunción do traballo interpretativo co espazo e cos obxectos regala aos ollos imaxes surrealistas e máxicas que non só teatralizan os poemas de Nova York, senón que tamén repasan a biografía de García Lorca e a súa obra: “A min non me importan as discusións sobre o amor nin o teatro. Eu o que quero é amar” (El público, 1930).
É unha mágoa que estes momentos non veñan acompañados dunha iluminación máis determinante. O deseño ás veces fica un pouco plano e –talvez só sexa un fallo propio da estrea– desconcerta tanta intermitencia e os cambios bruscos de intensidade.