in

O V Congreso Fugas e Interferencias abre o prazo para o envío de traballos

FugasInterferencias008 |
O V International Performance Art Conference Fugas e Interferencias ten aberto o prazo de envío de traballos ata o 30 de xuño. Debido á crise do Covid-19, o Congreso que se asenta sobre a investigación e a reflexión da arte da acción, non utilizará o formato presencial e centrará os esforzos desta quinta edición na publicación de artigos seleccionados polo comité científico.

 

O Congreso Fugas e interferencias ten como liñas de traballo a reflexión teórica da arte de acción, a investigación sobre a acción e as súas interseccións, as interaccións entre arte de acción e o contexto político e o comisariado da arte de acción. Así:

  • Reflexión teórica da arte de acción. Dentro deste apartado, o congreso procura contrastar as diferentes achegas teóricas sobre a arte de acción para darlles visibilidade e poder construír un marco teórico contextual.
  • A acción e as súas interseccións. Esta liña de traballo, trata de investigar o carácter híbrido da arte de acción e como esta práctica evolucionou ate incorporar estratexias do teatro contemporáneo, a videoarte ou a danza.
  • As posibles interaccións entre arte de acción e o contexto político. Propón investigar como a arte de acción, desde enfoques e posicións moi diversos, pode traspasar os límites do poder dominante para xerar un discurso estético máis aló dos antagonismos. Entre outras aproximacións, presta especial atención á natureza da arte de acción desde unha perspectiva de xénero, teoría e arte feminista e/ou queer.
  • Comisariado de arte de acción. Propón investigar o comisariado de arte de acción desde un enfoque amplo que poida abarcar experiencias curatoriais que toman corpo en festivais, ciclos de museos, accións individuais ou que estuden coleccións de museos ou arquivos de artistas.

 

Presentación de documentos

A presentación de documentos pode realizarse nas tres linguas oficiais do congreso: galego, español e inglés. As propostas deben ser orixinais e non publicadas con antelación ao congreso.

No que respecta ao formato de envío, o V Fugas e Interferencias solicita resumos dunha extensión máxima de 1.000 palabras e mínima de 750. Aconséllase que o resumo se organice en función dos apartados: introdución, metodoloxía, temática que se vai abordar, obxectivos e bibliografía.


Publicidade

O prazo límite para o envío do resumo é o 30 de xuño de 2020. O aviso da aceptación da comunicación será o 15 de xullo mentres que o límite para o envío completo será o 7 de setembro de 2020.

O envío de resumos poderá realizarse mediante o propio web do congreso no apartado “Chamada de traballos” ou a través do correo electrónico: [email protected]

 

Crise covid-19

Debido á crise do Covid-19, a V edición de Fugas e Interferencias non utilizará o formato presencial, nin tampouco o soporte on line. Así, os esforzos desta quinta edición estarán centrados na publicación dos artigos seleccionados polo comité científico. Esta publicación, seguirá sendo avalada pola Universidade de Vigo e o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC). De igual modo, emitiranse certificados da publicación que, como é habitual, contará cun ISBN electrónico da Universidade de Vigo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Luis Vicente

Segunda entrega sobre Teatro pospandémico en Viana co director Luis Vicente

Parlamento20200513 |

A oposición rexeita no Parlamento o Plan de Reactivación da Cultura impulsado pola Xunta