in , ,

Máis de 100 obras e espectáculos inscritos na convocatoria aos premios FETEGA 2020

Miguel de Lira | Premios FETEGA
O FETEGA acaba de facer públicos os resultados convocatoria para participar no 31o Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense). O festival celebrarase a segunda semana de setembro, atendendo a todos os requirimentos de seguridade e hixiene, aforo, establecidos polas autoridades.

 

O FETEGA, Festival de Teatro Galego “Celso Parada” do Carballiño recibiu 104 espectáculos, dos cales 19 son estreas. Todas as obras presentadas desenvólvense en galego e están producidas en Galicia. En total, son 43 os espectáculos de sala para adultos, 18 espectáculos de rúa, 17 espectáculos de sala para nenos, 14 performances, 7 monólogos cómicos. Entre todos eles realizarase a programación definitiva. É a primeira vez que se fai deste xeito, a través de formulario online aproveitando as novas tecnoloxías que permiten recoller unha morea de propostas a través de ferramentas e web e formularios electrónicos.

As propostas puideron enviarse ata o 17 de febreiro a través do formulario electrónico de inscrición a través da páxina web do festival, onde se debían describir as obras e achegar material de valoración. A recepción das propostas coincidiron co inicio da corentena, logo do que se abriu unha paréntese similar a todas as institucións, onde agora se volve a recuperar a actividade.


Publicidade

Recibíronse obras de todo tipo de xéneros e temáticas na convocatoria 2020, de entre as que se elixirá a programación de setembro: circo e clown, circo e rúa, teatro clásico, clown, comedia dramática, comedia musical, comedia posdramática, improvisación, drama, poesía, teatro documento, maxia, cabaret, clown, narración oral, oráculo pós-dramático, performances, teatro contemporáneo, familiar, infantil…

Distínguense en 6 categorías: Teatro de Sala para público adulto (Auditorio), dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais para adultos; Teatro de Exterior para público familiar (Anfiteatro) a compañías galegas con espectáculos teatrais de exterior para público familiar; Teatro de Rúa para público familiar compañías galegas con espectáculos teatrais e animación de rúa para público familiar; Teatro de Sala para nenos, espectáculos teatrais de interior para público infantil e bebés; Monólogos cómicos, dirixida a elencos e artistas galegos con espectáculos de humor e Performances e pequenos formatos, espectáculos de performances e pequenos formatos, para desenvolver en interior ou exterior

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Areta Bolado

No confín de… Areta Bolado

MetroCadrado2020 |

Telón e Aparte convoca o IV Certame de Micro-Escenas M2