in

No confín de… Juancho Gianzo

Juancho Gianzo
Juancho Gianzo é o produtor e distribuidor de Matarile Teatro. Forma parte da compañía desde 2017, cando coñeceu a Ana Vallés e Baltasar Patiño mentres traballaba no festival Escenas do Cambio. Actualmente traballa na preprodución de El diablo en la playa, a próxima montaxe do grupo, interpretada por Celeste e Claudia Faci. | Foto:  Iván Nespereira |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Actualmente estou lendo Dos damas muy serias de Jane Bowles, unha das recomendacións periódicas que fai John Waters e que sempre teño en conta porque o considero un dos meus referentes máis indiscutibles. E desde hai tempo, acompáñame Historia del lápiz de Peter Handke, un agasallo de Ana Vallés. Cada día pola mañá leo tres ou catro haikus que me fan case o mesmo efecto que o café.

A túa banda sonora destes días.

No confinamento descubrín a Chico Blanco, un granadino novísimo que mestura trap con house. Gústame moito e devezo de velo en directo. Tamén estou disfrutando coas dj sessions que fai Robyn desde a súa casa ou cos adiantos do novo disco de Arca.

O último filme que te impresionou.

Sen dúbida La Grande Bellezza de Paolo Sorrentino. Todo o que fai este home é admirable. Despois de vela, deume un ataque e engulín as dúas temporadas da súa serie do Papa (The Young Pope e The New Pope). Tamén flipei con Gräns (Border) de Ali Abassi e con Der Goldene Handschuh de Fatih Akin.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Que difícil! Estudiei Historia da Arte porque con dezaoito anos non había nada que me gustase máis que a pintura e na miña base de datos particular teño innumerábeis pezas de arte que me fascinan e me acompañan. Quizais, neste tempo de rúas baleiras, perderíame con gusto entre unha paisaxe veneciana de Canaletto, ateigada de xente; ou nese cadro de André Derain, navegando o Támese e flipando coas cores imposibles do parlamento.

A peza que che gustaría producir.

A que de feito vou producir: a nova peza de Matarile. Chámase El diablo en la playa e será un dúo con Celeste e Claudia Faci, dúas súper mulleres enriba e fóra do escenario. É un gustazo e un pracer poñer o meu pequeno gran de area nestas xenialidades que saen das cabezas de Ana e de Baltasar.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Pois creo que ningunha. Sempre é un risco coñecer en persoa ás figuras que un admira. Moito mellor quedarse cunha imaxe idealizada, por falsa que sexa.

Se non foses produtor, serías…

Profesor de patinaxe artística. Levo dez anos sen poñerme uns patíns nos pés, pero estou seguro de que pagaría a pena, pese as maniotas dos primeiros días.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

sgaecompostela |

Convocatoria de textos en galego para o ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE

MiteuVigo2019 |

A MITEU celebrarase en xullo sen o apoio do concello ourensán