Actualidade

PUBLICIDADE

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) celebrará a súa 25ª edición en xullo malia a falta de apoio do consistorio ourensán.

 

A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) celebrarase en Ourense do 3 ao 15 de xullo. Dende a organización afirman que será unha MITEU máis reducida, pero que “terá a esencia dese evento que leva na cidade 25 anos e polo que pasaron centos de grupos de preto de 50 países, miles de participantes e centos de miles de espectadores”.

A MITEU contará co apoio do Campus Universitario da Universidade de Vigo, da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial, que xestiona o Teatro Principal, mais non do Concello de Ourense, que rexeitou participar do evento cos 3.000 euros que se lle pedían para facer fronte a gastos concretos de organización.

A organización da Mostra amosouse moi crítica coa actitude do consistorio ourensán, cuxa actitude fronte á cultura vén sendo obxecto de censura practicamente dende a súa formación. A a política cultural do Concello retiroulle o apoio a festivais tan consolidados como o FITO, o Pórtico do Paraíso ou o Festival de Cine Internacional de Ourense, e rebaixou considerablemente as axudas a outros eventos da cidade.

O programa da 25ª MITEU farase público nos vindeiros días.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos