in

Fernando Epelde recolleu na Estrada o VII Premio Varela Buxán

Fernando Epelde |
O acto contou tamén coa presenza do dramaturgo Fernando Castro Paredes para a presentación da súa obra Pallaso, gañadora da edición anterior e publicada por Edicións Fervenza.

 

Fernando Epelde recolleu onte o galardón do VII Premio de Teatro Manuel Daniel Varela Buxán que promove o Concello de A Estrada. Engadir auga e esperar… foi a obra coa que o dramaturgo ourensán acadou este premio dotado con 1.200 euros e un detalle institucional conmemorativo. O acto contou tamén coa presenza do gañador da edición anterior, Fernando Castro Paredes e a presentación da publicación da obra gañadora da edición anterior, Pallaso, de Fernando Castro Paredes.

As circunstancias sanitarias obrigaron a adiar o evento e apostar por unha entrega na sala de xuntas do consistorio estradense. O acto contou tamén coa presenza do dramaturgo Fernando Castro Paredes para a presentación da súa obra Pallaso, gañadora da edición anterior e publicada por Edicións Fervenza.

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, destacou a nómina de dramaturgos coa que conta o premio impulsado polo Concello da Estrada que, ademais de promover a dramaturxia en galego, quere honrar a memoria do histórico autor e director teatral Manuel Daniel Varela Buxán, nacido na parroquia estradense de Lamas.


Publicidade

O autor de Engadir auga e esperar... recoñeceu o esforzo do concello e destacou que o galardón representa un necesario impulso económico ao tempo que remarcou que o Varela Buxán móstrase cada ano como un premio “máis integrado, cunha edición máis sólida e un xurado moi competente”.

O xurado do VII Premio Varela Buxán, formado por Santiago Cortegoso, Ana Carreira e Chelo do Rejo, destacou de Engadir auga e esperar… o “universo dramatúrxico complexo e estruturado con habilidade, que propón un xogo coa linealidade e a causalidade do tempo”. De igual modo, valorou o traballo de documentación de feitos e circunstancias históricas que realiza o autor e que enriquecen o relato.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DeputacionCoruña |

A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece máis de mil trescentos espectáculos

GatoMalhadoAndorinhaSinha |

O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana retoma as actividades presenciais