in

O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana retoma as actividades presenciais

GatoMalhadoAndorinhaSinha |
Este sábado represéntase o primeiro espetáculo de Teatro con público en Viana do Castelo após o confinamento.

 

O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana volve presencialmente á escena, coa representación de O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, con dirección de Tiago Fernandes, o día 18 de xullo ás 18:00, no Teatro Municipal Sá de Miranda, inserido no programa da Feira do Livro de Viana do Castelo.

Despois de varios meses de programación online, a compañía vianense regresa agora, en asociación coa Câmara Municipal de Viana do Castelo, aos espectáculos con público, no Teatro Municipal Sá de Miranda.


Publicidade

Cando se iniciou o confinamento, era precisamente O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá a obra que se encontraba en cartel no centenario teatro, unha obra para a infancia e a mocidade a partir dun texto de Jorge Amado, interpretada por Ana Perfeito, Alexandre Calçada e Elisabete Pinto.

Este regreso ten unha función única con entrada libre, mediante o levantamento de billete dúas horas antes do espectáculo na billeteira do Teatro Municipal Sá de Miranda, cuxa capacidade se verá limitada a 140 persoas, por razóns de seguridade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fernando Epelde |

Fernando Epelde recolleu na Estrada o VII Premio Varela Buxán

Camiño Escena Norte

Comeza a 36ª edición da MIT Ribadavia