in ,

Comeza a 36ª edición da MIT Ribadavia

Camiño Escena Norte
Dreaming Juliet, Elefante Elegante
Este 2020, baixo o lema ‘A ceo aberto: liberdade, creatividade e diversidade’, a MIT, que se estenderá até o día 27 de xullo, ofreceralle ao público un total de 24 espectáculos e actividades paralelas como presentacións de libros e obradoiros ao aire libre en máis dunha decena de espazos con encanto da vila, como o Auditorio do Castelo.

 

A Mostra comeza hoxe coa entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas a Marta Pazos, para continuar co espectáculo Emigrantas, da compañía de Kirenia Martínez Acosta e, a seguir, Dreaming Juliet, a versión de Romeo e Xulieta de Elefante Elegante.

Fariña, dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, María Vázquez, Cris Iglesias, Marcos Pereiro e Sergio Zearreta, poderá verse no Auditorio do Castelo este sábado 18. O domingo 19, a MIT contará coa estrea en Galicia do premiado Rebota, rebota y en tu cara explota, de Agnés Mateus e Quim Tarrida (Premio da Crítica 2017 ao Mellor Espectáculo de Novas Tendencias, Premio FAD Sebastià Gasch Aplauso 2018 e Premio Butaca 2018 ás Novas Achegas Escénicas)

Esta nova edición do festival acollerá, así mesmo, a creación con máis candidaturas nos Premios María Casares: Liberto.


Publicidade

No cartel da 36ª MIT destacan tamén nomes como Nova Galega de Danza, La Macana ou Antón Reixa.

Ante a situación de emerxencia xerada pola crise da COVID-19, a MIT aposta así pola recuperación cultural e económica, o turismo sostible, a responsabilidade sanitaria e ao compromiso co público e co noso tecido cultural, apostando polo apoio á creación contemporánea, diversa e paritaria.

Máis información e programa, aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GatoMalhadoAndorinhaSinha |

O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana retoma as actividades presenciais

Guerra de identidade |

Guerra de identidade