in

Kirenia Martínez leva a emigración á danza

Emigrantas01 |
Este sábado, 22 de febreiro, estréase, na sede da SGAE en Compostela, Emigrantas, unha Coprodución da Cía. Kirenia Martínez Acosta e o Centro Coreográfico Galego.

 

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria.

Kirenia Martínez Acosta á a directora e coreógrafa de Emigrantas, que conta con texto de Branca Novoneyra, espazo sonoro de Babykatze e Bruno Baw e a interpretación en escena de David Loira e Esther Latorre. O espectáculo será representado a partir das 20:00 na sala Germán Coppini da Fundación SGAE.

Publicidade

A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes.

Un grupo de mulleres crearon Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña de outras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial.

O motor destas Emigrantas é pensar a actual vaga migratoria presente en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.

 

Ficha

Dirección e coreografía: Kirenia Martínez Acosta
Elenco: David Loira e Esther Latorre
Texto: Branca Novoneyra
Produción: Lucila Campos
Servizo técnico: Equipo Creativo RTA. Diego Vilar
Espazo sonoro: Babykatze e Bruno Baw
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
Fotografía e vídeo: Bruno Baw
Vestiario: Jandro Villa
Traducións: Lía Pérez Domínguez
Coprodución: Centro Coreográfico Galego (CCG)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ODiaDoJuizo |

O TNSJ do Porto presenta ‘O Día do Juizo’ de Ödön von Horváth

CartaRosalía |

Rosalía de Castro: “No voy nunca al teatro”