in

A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece máis de mil trescentos espectáculos

DeputacionCoruña |
O teatro profesional é o ámbito que máis actuacións programa nesta nova edición do circuíto da Deputación cun total de 496 representacións.

 

Un total de 1.307 actuacións culturais forman parte do catálogo de actuacións da Rede Cultural que este ano amplía o seu período incluíndo no calendario da edición o primeiro trimestre de 2021. A Deputación da Coruña destina 1.320.567,61€ a un circuíto no que se cumprirán de maneira estrita a capacidade e os protocolos de prevención da Covid.

A pandemia obrigou a modificar moitas das previsións culturais e, entre elas, as da Rede Cultural da Deputación da Coruña que dá agora a coñecer a adxudicación de espectáculos os concellos da provincia. En total, serán 1.307 actuacións cun orzamento por parte da Deputación da Coruña de 1.320.567,04 € que se desenvolverán ao longo deste anos e, excepcionalmente, tamén no primeiro trimestre do vindeiro, ampliación que se aprobou para contribuír a paliar os efectos negativos da covid no sector cultural.

“A cultura ao vivo está volvendo con todas as precaucións, e desde a Deputación da Coruña queremos que a Rede Cultura supoña un novo impulso para un sector que padeceu de maneira singular os efectos da pandemia xa que o confinamento supuxo tamén unha paralización absoluta de todos os actos públicos”, destaca o deputado de Cultura, Xurxo Couto.


Publicidade

Do total de espectáculos, o teatro profesional é o ámbito que máis actuacións programa nesta nova edición do circuíto da Deputación cun total de 496 representacións, seguido da música que será protagonista de 247 concertos. Maxia con 58 actuacións e danza con 38 completan o catálogo de artes escénicas e musicais do sector profesional ao vivo. O programa Alicerce de cultura amadora incluirá desta volta un total de 121.

“A Rede Cultural preséntase, un ano máis, como o circuíto máis consolidado e unha ferramenta única para a difusión cultural, para a creación de emprego no sector, para a creación de novos públicos e para o deseño dunha programación de calidade nos concellos da provincia”, apunta Xurxo Couto.

O programa para esta nova edicións Rede Cultural da Deputación complétase con 189 proxeccións audiovisuais do programa “Visións” e 158 de “Lingua á escena”, a iniciativa da Deputación da Coruña para promocionar o uso do galego dentro do seu circuíto cultural, con propostas artísticas especializadas para convidar ao uso da nosa lingua.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ChevereEscaparate |

Chévere leva o teatro aos escaparates de Ames

Fernando Epelde |

Fernando Epelde recolleu na Estrada o VII Premio Varela Buxán