Vaise celebrar en formato virtual os días 3, 4 e 5 de decembro a través da páxina de Facebook de SóLODOS en Danza.
O Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos, SóLODOS en Danza Ourense, chega á súa quinta edición neste 2020. Por mor das circunstancias derivadas da pandemia da COVID-19, a programación completa, así como a presentación das pezas finalistas, vaise facer de xeito online, con artistas de Galicia, Cataluña, Andalucía, Aragón, Madrid e convidados de Costa Rica, México e Francia.
Durante o Festival presentaranse seis obras de novos creadores estatais dentro do Certame de Creación de Dúos e Solos, e catro obras das compañías convidadas Peace of Mind, Colectivo Sin Par, Violeta Iriberri e Arnau Pérez. Tamén celebraranse diversos foros e serán otorgados tres premios trala celebración da final do Certame de Creación Dúos e Solos:
- Premio SóLODOS en Danza Ourense 2020: a coreografía gañadora realizará unha xira por Costa Rica no ano 2021.
- Certamen Coreográfico de Madrid: o Certamen Coreografico de Madrid programará unha das pezas finalistas de SóLODOS en Danza, froito da colaboración entre os dous certames, o día 9 de decembro de 2020 no Centro de Creación Contemporánea Conde Duque de Madrid.
- Certamen Internacional de Coreografía Burgos-New York: o Certamen Internacional de Coreografía Burgos-New York seleccionará unha das pezas finalistas de SóLODOS en Danza para participar na semifinal do seu certame no verán de 2021.
Programa completo SóLODOS en Danza Ourense 2020