in

Vanesa Sotelo presenta ‘IDUS’ no proxecto internacional de Ricardo Correia sobre Europa na pandemia

Hui Clos

A dramaturga Vanesa Sotelo forma parte desta experiencia internacional con dramaturgos/as de distintos países europeos. A súa presencia está prevista de forma online o 26 de marzo ás 18.45 horas portuguesas e precisa de inscrición previa.

Unha creación de Ricardo Correia que reuniu de forma online a 5 dramaturgos/as de distintos países de Europa para escribir, de forma documental e/ou ficcional, sobre como foi vivir entre catro paredes durante a crise pandémica e de como iso mudou a forma de entender o que é ser e pertencer á Europa.

Di a sinopse do espectáculo, que este “condúcenos nunha viaxe ao corazón de Europa a partir de varios ángulos, distintas sensibilidades e voces sobre a construción da identidade individual, nacional e europea”.

Un proxecto que integra o ciclo de Pezas Breves sobre o Ascenso e Caída dunha Egoísta chamada Europa que é composto por ambas caras, coma un álbum de música. Cada un destas caras funciona de forma autónoma. A Cara A é composta por pezas curtas escritas por Ricardo Correia pre-pandemia baixo o título WELCOME TO EUROPE.


Publicidade

A Cara B está composta polas pezas curtas escritas pos-pandemia baixo o título por HUIS-CLOS – A EUROPA ENTRE 4 PAREDES, escritas por Ricardo Correia (Portugal), Vanesa Sotelo (Galicia/España), Maxi Obexer (Italia/Austria), Julia Holewinska (Polonia) e Deborah Pearson (Reino Unido).

Este proxecto dramatúrgico forma parte do doutoramento de Ricardo Correia Dramaturgias Políticas Contemporáneas – More Than Words? – Mediacións entre o Teatro do Real e o Teatro Ficcional pretende investigar a correlación entre o real e a ficción na dramaturxia contemporánea política a partir da escrita de pezas usando como temática a Crise Europea.

Puede ser una imagen de texto que dice "Welcometo Europe LADO PEÇAS BREVES SOBRE A ASCENSÃO E QUEDA DE UMA EGOISTA CHAMADA EUROPA LEITURAS ONLINE 26 MARÇO 18h45 CORO DOS MIGRANTES A WELCOME EUROPE HUIS-CLOS CLOS HUIS-CLOS: EUROPA ENTRE CORO DOS MIGRANTES DE RICARDD CORREIA PT) PAREDES LEITURA IDUS EXCERTOS DA PESA DUS VANESA ESP) FACEBOOK CONVERSA COM DRAMATURGO 26 MARÇO 19h COMBRA RepúblicaPortuguesa, agARTES COIMBRA CONVERSA VIA ZOOM VANESA SOTELO INSCRIGOES PARA ACEDER AO LINK: PROjECTO.OMEUPAIS .OMEUPAIS @ GMAIL. COM"

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Kirenia Danza

Kirenia Danza inaugura o programa de Residencias Escénicas do Courel

FLIV

O FLIV celebra o Día Internacional do Teatro con lecturas dos textos da Erregueté