Os días 19, 20 e 21 de Agosto ás 20.00h Danza no Claustro preséntase nos claustros de Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa María de Melón e Santa María de Xunqueira de Espadanedo (Ourense) nunha edición especial do Festival que se prepara para a celebración dos seus próximos 10 anos.
Mentres seguen suspendidas as actividades culturais do Concello de Ourense, os concellos de Nogueira de Ramuín, Melón e Xunqueira de Espadanedo acollen o Festival e aos artistas Arnau Pérez (Cataluña), Colectivo Sin Par (Andalucía), Cía. No Bautizados (Madrid) e Clara Ferrao (Galicia), compañías convidadas nesta edición do Festival.
A firma de moda Adolfo Dominguez, será a encargada de vestir a todas as artistas participantes en Danza No Claustro nesta edición.
Danza no Claustro
Danza no Claustro é un proxecto da plataforma cultural SóLODOS. Naceu no Claustro de San Francisco na cidade de Ourense en Xuño do 2013, como unha proposta escénica que pon en valor o patrimonio arquitectónico a través da danza e desde entón realizouse anualmente.
Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo.
Danza No Claustro é unha programación cultural exclusiva para as comunidades, fortalecendo os eventos culturais da zona.
A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa sigularidade…Unha maneira diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través do baile, do movemento.
Programa Danza no Claustro
SINGLE / ARNAU PÉREZ / Cataluña
Coreografía e interpretación: Arnau Pérez. Dramaturxia: Sara Reyes.
“Na música, o single é un formato de vinilo utilizado para distribución comercial que contiña a canción ou cancións de éxito dun LP. Enfatizouse esa singularidade e o termo estableceuse como un escaparate persoal, destacando a individualidade no mainstream. Acostumamos asociar o éxito ou o logro coa individualidade establecéndonos nun desenvolvemento que xorde da búsqueda persoal e propia. Agora mesmo estamos rodeados de xente, pero non estamos sós?”
EFECTO SIAM / LARA MISÓ & WILMA PUENTES/ Andalucía
Coreografía e intérpretes: Lara Misó e Wilma Puentes
“Con “Efecto Siam” queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así, a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restrición e implicando o lado emocional que isto podería conlevar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humanos que chegaron ao mundo dentro da mesma pel.”
LO INVISIBLE / ROLANDO SALAMÉ & KATIA HUMENYUK / Madrid / A través da Rede Aceoaberto
Coreografía e intérpretes: Rolando Salamé e Katia Humenyuk
“Lo Invisible é unha peza de danza que explora as sensacións vitais dalgúns momentos determinantes da vida dunha persoa. Esta peza é unha danza do consciente e o inconsciente, do visible e o invisible, das forzas que nos afastan dos nosos soños, que nos someten, pero tamén dunha natureza indomable que se revela ante o que poida apartarnos do esencial do noso camiño, e onde os intérpretes xogan coas súas diferenzas físicas e de experiencias de vida para mostrar a dualidade deste ser, representando cada un dos bailaríns as súas contradicións, acertos, anhelos e medos.”
MIÑAXOIA / CLARA FERRAO / Galicia
Creación e interpretación: Clara Ferrao
Dirección: Maximiliano Sandford
“Un corpo, unha vibración, un croque, unha fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansazo, só o movemento inesgotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.”
RESERVA DE ENTRADAS – AFOROS LIMITADOS
19 de Agosto de 2021 · 20.00h
Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil
Nogueira de Ramuín · Ourense
RESERVA ENTRADA 988 201 023
20 de Agosto de 2021 · 20.00h
Claustro de Santa María de Melón
Melón · Ourense
RESERVA ENTRADA WHATSAPP 630 742 946
21 de Agosto de 2021 · 20.00h
Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
Xunqueira de Espadanedo · Ourense
RESERVA ENTRADA WHATSAPP 656 473 338
SóLODOS
SóLODOS é unha plataforma cultural, un proxecto de ámbito artístico-social que xera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Utiliza diferentes estratexias de colaboración, para construír unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América/Europa).
SóLODOS é un espazo de colaboración e intercambio entre institucións públicas, privadas, festivais, organizacións sociais, culturais e artistas. As colaboracións realízanse grazas á xenerosidade das persoas involucradas nos diferentes proxectos. A plataforma ofrece bolsas, residencias artísticas, intercambios técnicos profesionais, coaching con académicos especializados en artes escénicas entre outros. Potenciando o traballo de creadores Iberoamericanos a través de traballo comunitario, realizando un exercicio coreográfico colectivo, construindo mobilidade entre proxectos con afecto e oficio.
SóLODOS está dirixido por Maruxa Salas e Erick Jiménez