A federación de asociacións culturais Galiza Cultura celebra hoxe unha festa en homenaxe a Manuel Lourenzo, figura central do teatro galego. Será esta tarde ás sete, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e a entrada é libre ata completar a cabida do espazo.
No programa do evento, que ten como título A vida nunha cesta, figuran Mónica de Nut e Virxilio da Silva, Mofa e Befa, Bernardo Martínez e Fito Ares (baixo o nome de Grus Grus), Quico Cadaval, a danza da compañía de Ana Beatriz Pérez e Armando Martén, Luisa Merelas e as palabras de Cristina Domínguez e Xesús Pisón.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



