in

Un novo ‘Circo de Nadal’ estréase en Cangas

Circo de Nadal 2 |

O auditorio municipal de Cangas acolle hoxe ás 18.00 horas a estrea dun novo formato da peza Circo de Nadal da compañía La fiesta escénica, que cumpre 25 anos de traxectoria.  A función, dirixida ao público familiar, encádrase dentro dunha xira por Galicia dunha nova adaptación deste espectáculo que xa percorreu diferentes lugares do mundo.

A protagonista desta historia é unha pequena mascota pertencente a unha numerosa e particular familia. O día de Noiteboa, despois da cea, chega o momento máis esperado: o reparto dos agasallos. Despois da emoción de abrir os presentes, todos marchan a durmir; agás a mascota, que ve o integrante máis pequeno da familia deitado baixo a árbore de Nadal. O cativo sorpréndese ao ver a súa mascota xunto a el, e cóntalle apesarado que todos recibiran un agasallo excepto el. A mascota dálle ánimos e explícalle que probablemente se tratase un simple erro. É aquí onde comezan a súa viaxe rumbo ao mundo onírico onde todas as dimensións son máxicas e se presentan aventuras da man de grandes acrobacias, coreografías, efectos especiais, animais animatrónicos e personaxes máxicos… para conformar a historia visual.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

transverse2 |

Transverse Orientation

iribarne de ButacaZero

ButacaZero prepara unha peza sobre a figura de Manuel Fraga Iribarne no centenario do seu nacemento